Taboleiro

Programa de Inmersión lingüística en colonias de vacacións (en lingua inglesa): 1º e 2º ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para asistir a colonias en réxime de internado durante o verán (en distintos puntos do territorio peninsular español) nas que se impartirán clases de lingua inglesa, que se complementarán con actividades lúdicas, deportivas, etc. Traballando prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.

 

Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2018/2019

 

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2018-2019 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

 

Axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2018:

 

 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2018.

 

Axudas actividades de formación en linguas estranxeiras alumnado 2017. Comunicación listaxes

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes co alumnado solicitante e ábrese un PRAZO de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectua

Fondo de libros (1º e 3º ESO): listaxe definitiva de admitidos/excluidos

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido/excluido no Fondo de Libros para estudar 1º e 3º ESO no IES As Bizocas durante o curso 2016/2017. Nesta listaxe especifícanse os libros que se lle asigna a cada alumno/a (e na última páxina aparece o alumnado excluido).

 

VALES para LIBROS (2º e 4º ESO) e para MATERIAL (todos os cursos de ESO)

Están tramitadas as axudas para a adquisición de libros de texto (para 2º e 4º ESO) e material escolar (para calquera curso de ESO).

Adxunto a esta entrada publícanse as listaxes co alumnado excluido, todo o demáis alumnado que presentou a solicitude en prazo e non resultou excluido pode pasar polo instituto a recoller o vale para libros e/ou material a partires do xoves 15 de setembro.

 

Inicio do curso escolar 2016/2017

O xoves día 15 de setembro comezan as clases xa no horario habitual, con entrada no instituto ás 08:35h (e saída ás 14:10h*), polo tanto o alumnado deberá traer algún material para poder comezar a traballar (libreta, bolígrafo...).

Recoméndase estar con antelación suficiente nas paradas (media hora antes aproximadamente).

Listaxe PROVISONAL admitidos/excluídos Fondo de libros e concesión/denegación VALES para libros e material

Hoxe, xoves día 14 de xullo de 2016, fanse públicas varias listaxes relativas ao Fondo de libros de texto e ás axudas para mercar libros de texto e material escolar para o 2016/2017:

 

LISTAXE DE LIBROS DE TEXTO para o curso 2016/2017

 No arquivo adxunto publícase a listaxe de libros de texto para estudar no IES As Bizocas no curso 2016/2017.

 AVISO:

 A mediados do mes de XULLO publicarase:

- A listaxe provisional do alumnado admitido no Fondo de libros (1º e 3º ESO).

- A listaxe do alumnado ao que se lle conceda o vale para mercar libros de 2º e de 4º ESO (do alumnado que xa se matriculou no período ordinario).

Distribuir contido