Fondo libros e axudas para a adquisición de libros de texto e material para o curso 2016/2017
No DOG do día 16/05/2016 publicouse a ORDE do 27 de abril de 2016 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2016/17.
Esta orde ten por obxecto regular para o curso 2016/17 no ámbito dos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos:
a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 1º e 3º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2015/16.
b) A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 2º e 4º de ESO. (O alumnado que repita 4º da ESO no curso 2016/17, cando non tivese presentado solicitude de axuda para adquirir libros de texto e material escolar no prazo indicado, tamén poderá presentala no prazo dun mes desde a formalización da matrícula.)
c) A convocatoria de axudas para adquirir material escolardestinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.
PRAZO de solicitudes: do 18/05/2016 ata o 23/06/2016 (ler os arquivos adxuntos a esta nova)
REQUISITOS para poder participar na convocatoria(ver cómo se calcula a renda per cápita no arquivo adxunto denominado "Información e documentación"):
- FONDO LIBROS (1º e 3º ESO): Pode solicitar todo o alumnado destes cursos, e os libros dispoñibles repartiranse entre os admitidos por orde inversa á renda per cápita, ata que se esgoten. En función da renda recibirán:
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros (asignaránselle 6 libros de texto)
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 € (asignaránselle 4 libros de texto)
- AXUDAS LIBROS (2º e 4º ESO):
- Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros (axuda: 180 euros)
- Alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 € (axuda: 104 €)
- AXUDAS MATERIAL (todos os cursos de ESO):
Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 euros (axuda: 50 euros)
AVISO:Para calquera modalidade (fondo ou axudas) é imprescindible ter devolto os libros prestados / mercados co vale de ter sido beneficiario no presente curso.
Lembramos que ao rematar o curso 2015/16, o alumnado beneficiario de libros de texto ou de material reutilizable recibido do fondo solidario ou adquirido con axudas para libros de texto deberá devolvelos ao centro para a súa incorporación ao fondo solidario para o curso 2016/17. O prazo máximo para devolvelos será o 23 de xuño de 2016, agás para o alumnado de ESO que teña algunha materia pendente, que poderá quedarse co libro correspondente ata que se examine e, como máximo, ata o 7 de setembro de 2016.
As solicitudes presentaranse en papel no centro educativo onde estea admitido/a o/a alumno/a para o curso 2016/2017. Presentarase unha única solicitude para todos os fillos e fillas que vaian estar matriculados para 2016/2017 no IES As Bizocas e nela especificararse o nivel de estudos que se espera que realice cada un deles no dito curso. (Se están admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2016/17).
No arquivo que se adxunta poden descargar o modelo de solicitude (imprimir só as 4 primeiras follas), ou facilitaráselle no centro.
Teñen información para o cálculo da renda per cápita e da documentación que teñen que achegar coa solicitude no arquivo que se engade denominado "Información e documentación".
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Soli fondo e axudas 2016-2017.PDF | 1.33 MB |
Información e documentación.pdf | 90.88 KB |