Normalización

Semana cultural 2015

Podedes consultar as diversas novas das actividades do centro nos enlaces seguintes:

 

http://www.farodevigo.es/portada-arousa/2015/05/14/ies-as-bizocas-impulsa-semana/1239529.html

Proxección do documental Shoots from Abyssinia

O martes 15 de outubro o alumnado de 4º asistirá á proxección do documental Shoots from Abyssinia, acompañados polo seu autor, Ovidio Fernández. Se queredes saber mais sobre este proxecto premede neste enlace


Agradecemos a Ovidio Fernández a súa presenza e ao Gabinete Provincial de Normalización Lingüística de Pontevedra que nos ofrecera a posibilidade de levar a cabo esta actividade.

SEMANA CULTURAL

Do 13 ao 16 de maio o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza, como xa é tradición, a Semana Cultural.

Gastronomía, arte, lendas, ecoloxía, teatro, matemáticas... este ano os conferenciantes, profesionais de éxito nestes diferentes ámbitos,  compartirán connosco as súas traxectorias vitais, coñecementos e experiencias. Achegámosvos en arquivo adxunto o programa agardando contar coa vosa participación.

Confirmación horarios da saída en barco

Salvo que as circunsatancias climatolóxicas o desconsellen, o alumnado de 4º participante na saída en barco o martes 19 de marzo, ten que estar ás 16:10 diante da cafetería da estación de autobuses do Grove.

Semana cultural Letras Galegas 2012

Achegamos no adxunto o programa da Semana cultural, organizada polo Equipo de Dinamización Lingüística, á que estades convidados a participar.

Presentación do "Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas"

Mañá xoves 29 ás 18:30h. terá lugar a presentación do "Dicionario dos alcumes do Grove. As nosas chatas", acto organizado polos ENDL dos IES As Bizocas e IES Monte da Vila.

Distribuir contido