Nais/Pais

Información a Nais e Pais e documentos de interese

Becas da Fundación Amancio Ortega para 1º BACH en EEUU ou Canadá

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2020/2021.

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2019.

 

Modelo candidatura Consello escolar representantes familias

No adxunto poden atopar o modelo de candidatura para presentar a súa candidatura ás eleccións do Consello Escolar para a vacante de representantes das familias. deberáse entregar na Secretaría do instituto antes do día 20 de noembro.

O comezo das clases: luns 17 de setembro

O luns día 17 de setembro comezan as clases do curso académico 2018/2019 xa co horario habitual:
Luns e martes: de 08:35h a 15:00h; mércores, xoves e venres: de 08:35h a 14:10h.

- Para este primeiro día o alumnado deberá traer algún material para poder comezar a traballar: libreta, bolígrafo, ...

Programa de Inmersión lingüística en colonias de vacacións (en lingua inglesa): 1º e 2º ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para asistir a colonias en réxime de internado durante o verán (en distintos puntos do territorio peninsular español) nas que se impartirán clases de lingua inglesa, que se complementarán con actividades lúdicas, deportivas, etc. Traballando prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.

 

Distribuir contido