Consello escolar

Sorteo xunta electoral para eleccións ao consello escolar

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL


                                                                                 


De conformidade co establecido na Resolución do 19 de setembro de 2014 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (DOG do 20), realizarase proximamente neste Centro a renovación do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.


 


A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, e integrada por:


 


     - O Director ou directora do Centro.


     - Un profesor ou profesora.


     - Un pai ou nai ou titor legal.


     - Un alumno ou alumna.


     - Un representante do persoal de administración e servizos        


Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste Centro o próximo día 27 de outubro, ás 11:05 horas na Biblioteca. 

Membros consello escolar

 

Presidenta

Nieves Peña

Xefe de estudos

Isidoro Serantes

Secretaria

RESOLUCIÓN CONCESIÓN CAFETERÍA

Reunido o Consello escolar, con carácter extraordinario, o mércores 7 de setembro ás 13h, resolve:


Adxudicar a concesión da explotación do concurso da cafetería do IES As Bizocas a Dona Thais Náñez Rodríguez

CONCURSO PÚBLICO CAFETERÍA

No documento adxunto atoparán as bases do concurso público para a concesión da xestión da cafetería do IES As Bizocas.

Distribuir contido