Complementarias
Programa de inmersión lingüística en colonias de vacacións en inglés
Enviado por admin o Xov, 05/02/2019 - 08:59
Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019: comprobación
Enviado por admin o Mar, 04/23/2019 - 08:40Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Consellería de Educación xa fixo pública a relación das listaxes do alumnado solicitante e ábrese un prazo ata o 26 de abril para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Toda a información atópase coma sempre na páxina web deste programa: https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do
Celebración do magosto
Este venres, día 16 de novembro celebraremos o Magosto no Centro (se o tempo o permite). Para isto e como xa é costume no Centro faremos unha serie de actividades e concursos e finalizaremos con unha chourizada para o que precisamos a colaboración do noso alumnado a través da aportación de un euro (1 €) para colaborar nos gastos.
Un saúdo e moitas grazas,
Anuncio número premiado rifas do alumnado de 4º
O número premiado no sorteo do lote de productos para recadar fondos para a viaxe de fin de curso da 4º da ESO, celebrado o día 1 de xuño é o 112.
Agradecementos Semana Cultural
Dende aquí queremos agradecer o traballo de todos os participantes na Semana Cultural 2015, a participación do alumnado e o esforzo e a creatividade do profesorado.
Dar grazas particularmente aos colaboradores externos que, desinteresadamente, aceptaron a invitación do noso centro para transmitirnos a riqueza non so dos seus coñecementos, senón tamén os seus valores, como as voluntarias do Refuxio de Cambados e os membros da Asociación Avanzar Umia-Ulla, cos que agardamos contar en vindeiros cursos.
Celebración do magosto
Animámosvos a participar no magosto o venres 8 de outubro, a partir das 11:40. Ademais da degustación de castañas teremos diferentes actividades e xogos populares. Agradecemos a colaboración das familias aportando as castañas e da Concellería de Deportes e Xuventude e de Cándido Mascato polos estupendos xogos populares que nos ceden para esta actividade.
Confirmación horarios da saída en barco
Salvo que as circunsatancias climatolóxicas o desconsellen, o alumnado de 4º participante na saída en barco o martes 19 de marzo, ten que estar ás 16:10 diante da cafetería da estación de autobuses do Grove.
Concienciación coidado animais domésticos.
Dentro da campaña posta en marcha polo Concellaría de Medio Ambiente (máis información premendo aquï), o venres día 13 nos visitarán do Refuxio de Animais de Cambados para instruir aos alumnos de 1º e 2º da ESO no coidado e protección dos animais domésticos. Para saber máis sobre o refuxio, os seus inquilinos e iniciativas visitade a súa web http://www.refugiocambados.es/
Charlas acoso escolar.
Nas vindeiras semanas están previstas diversas charlas sobre o tema do acoso escolar para toda a comunidade educativa. Serán impartidas por persoal da Cruz Vermella dentro do programa "Sen violencia-Convivencia",subvencionado pola Deputación de Pontevedra, e no caso das charlas do día 20, pola Policía Xudicial.
- Alumnado: martes 10 e mércores 11 (2º ESO), xoves 12 e venres 13 (3º ESO), venres 20 (1º e 4º ESO)
- Profesorado: xoves 12 ás 16:30
- Familias: xoves 12 ás 19:00. Dada a importancia do tema, animámosvos a asistir.
Grazas á empresas e entidades colaboradoras.
Queremos agradecer as doazóns de materiais aos seguintes organismos e empresas que colaboraron co noso centro e coas nosas actividades:
SOGAMA, PSA CITROËN, FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA, FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE (LA VOZ DE GALICIA), TURGALICIA e ANAYA-XERAIS
