Documentos
Calendario de exames e matrícula de setembro
Achégase o calendario das probas extraordinarias de setembro, xunto cos días de matrícula.
Procedemento de reclamacións ás cualificacións finais
Achégase o procedemento de reclamación das cualificacións finais para coñecemento de toda a comunidade educativa.
Modelo de solicitude de permisos e licenzas para o profesorado (Anexo V)
Enviado por admin o Ven, 02/05/2016 - 10:34RUTAS AUTOBÚS ESCOLAR CURSO 2015/2016
A organización do alumnado por autobuses será a seguinte neste curso:
AUTOBÚS 1: alumnado das paradas de ARDIA 1, ARDIA 2 e CAÍDOS.
AUTOBÚS 2: alumnado das paradas de CONFÍN e CORGO.
AUTOBÚS 3: alumnado das paradas de CORTIÑAS e PONTE DA TOXA-BEIRAMAR.
AUTOBÚS 4: alumnado de SAN VICENTE.
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR
Convócanse axudas para a adquisición de material escolar para o alumnado matriculado en educación secundaria obrigatoria, sempre e cando a renda per cápita familiar (do exercicio 2013) sexa igual ou inferior a 5.400 euros.
Listaxe de libros de texto, curso 2015/2016 e recollida de vales (1º e 3º).
Achégase a listaxe dos libros de texto para o próximo curso 2015/2016 en documento adxunto.
As persoas solicitantes do cheque para mercar os libros para o alumnado de 1º e 3º da ESO poderán recollelo na conserxería do centro a partir do luns 20 de xullo, en horario de 10 a 12.
FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXES PROVISIONAIS
Publícanse as listaxes provisionais de existencias de libros, solicitudes admitidas e excluídas. O prazo de reclamacións é de dous días (8 e 9 de xullo).
CALENDARIO EXAMES SETEMBRO
No documento adxunto poden consultar o calendario de exames de setembro. A entrega de notas será o venres día 4, ás 10.00.
Lémbrase ao alumnado que levou os libros de texto mercados co vale para as materias de setembro que deben devolvelos o día do exame.
RESOLUCIÓN CONCESIÓN CAFETERÍA
Infórmase de que a concesión para o servizo de explotación da cafetería do IES As Bizocas para o presente curso foi adxudicada á empresa TIAMAT, C.B., sendo esta a única proposta presentada e cumprindo tódolos requisitos esixidos na convocatoria.
