Documentos

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO: LISTAXES PROVISIONAIS

Publícanse as listaxes provisionais de existencias de libros, solicitudes admitidas e excluídas. O prazo de reclamacións é de dous días (8 e 9 de xullo).

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

No documento adxunto poden consultar o calendario de exames de setembro. A entrega de notas será o venres día 4, ás 10.00.

Lémbrase ao alumnado que levou os libros de texto mercados co vale para as materias de setembro que deben devolvelos o día do exame.

 

RESOLUCIÓN CONCESIÓN CAFETERÍA

Infórmase de que a concesión para o servizo de explotación da cafetería do IES As Bizocas para o presente curso foi adxudicada á empresa TIAMAT, C.B., sendo esta a única proposta presentada e cumprindo tódolos requisitos esixidos na convocatoria.


 

CONCESIÓN DA XESTIÓN E EXPLOTACIÓN DA CAFETERÍA, CURSO 2014-2015

Fánse públicas as condicións de contratación para a concesión da xestión e explotación da cafetería do IES As Bizocas para o curso próximo.

O prazo de presentación de solicitudes, xunto coa documentación esixida na convocatoria será do 1 ao 31 de xullo (incluídos). Poderánse presentar na Secretaría do Centro no seguinte horario

- Do 1 ao 15 de xullo: de 9 a 13.30

- Do 15 ao 31 de xullo: de 10:00 a 12:00

Poderán tamén enviarse por correo certificado en sobre aberto para que o funcionario de correos poda certificar a data.

Calendario exames setembro

No arquivo adxunto poden consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro. A entrega de notas será o xoves 4 de setembro ás 10.00. Non haberá transporte escolar nin para as probas nin para a entrega de notas.

CONCURSO PÚBLICO CAFETERÍA

Achégase o prego de condicións para a contratación do servizo de xestión e explotación da cafetería do centro.

ENTREGA DE SOLICITUDES: o prazo de entrega de solicitudes será do 11 de xullo ao 3 de setembro ámbolos dous incluídos. Poderanse entregar na secretaría do centro, en horario de 10 a 12 ou ben enviadas por correo a IES As Bizocas, apartado 135, 36988 (O Grove)

Publicación dos candidatos elixidos para formar parte do Consello Escolar

 


Despois da 3ª e última reunión da Xunta Electoral convocada para seguir o procedemento de celebración das eleccións ao Consello Escolar, dáselle publicidade á acta asinada o día 4 de decembro coa proclamación dos candidatos/as elixidos/as, tal e como se amosa no arquivo adxunto.

Normas uso equipamento abalar

No adxunto poden consultar as normas de uso do equipamento informático das aulas abalar.

Fondo Social Europeo - Programa REFÓRZA-T

  Durante o presente curso 2019/2020 levarase a cabo o programa REFÓRZA-T, modalidade enmarcada dentro dos CONTRATOS-PROGRAMA.

  Está dirixido ó alumnado de 1º e 2º ESO.

  A súa finalidade é a de axudar a mellorar os resultados escolares do alumnado que presenta algún tipo de dificultade na súa aprendizaxe e impartirase en grupos reducidos polas tardes.

Novo RRI (Regulamento de Réxime Interno) do Centro 2011

No arquivo adxunto pode consultarse o novo Regulamento de réxime interno (RRI) do centro adaptado á nova lei de convivencia escolar e que estará en vigor para o presente curso.

Distribuir contido