Charla- Coloquio: Medrar dun xeito saudábel nun mundo dixital
O vindeiro mércores 13 de decembro ás 17:30h terá lugar, no IES As Bizocas, unha charla sobre o impacto da dixitalización, dirixido a pais, nais e profesorado.
Máis información no documento adxunto.
HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS 2023/2024
Enviado por admin o Mar, 10/10/2023 - 11:32Publícase o horario de atención ás familias do profesorado para o curso 2023/2024.
Pregamos que previamente se poñan en contacto ca persoa titora para concertar a reunión.
CRITERIOS DE PROMOCIÓN, TITULACIÓN E MATRÍCULA DE HONRA
Tendo como marco a ORDE do 25 de xaneiro de 2022,no IES AS BIZOCAS mantéñense os criterios de promoción, titulación e matrícula de honra alí reflectidos, con algunha modificación. Estas pódense consultar no documento adxunto.
INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024
Enviado por admin o Xov, 09/07/2023 - 12:25
As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.
O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.
Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros/axudas material
Enviado por admin o Ven, 07/14/2023 - 09:23
Publícase no taboleiro do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto/axudas material, especificando os libros concretos que se prestan. Os libros, así coma o vale para adquirir material escolar, repartiranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.
As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.
Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros
Enviado por admin o Mar, 07/11/2023 - 09:05Hoxe, 11 de xullo, publícase no taboleiro do instituto a listaxe provisional de solicitudes admitidas e excluidas do fondo solidario de libros de texto. Prazo de reclamacións: 2 días.
As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.
A listaxe definitiva de solicitudes admitidas, especificando os libros concretos que se lle prestan ao alumnado beneficiario, está previsto que se publique o 14 de xullo.
PRAZO DE SUBSANACIÓN DAS SOLICITUDES DO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO – AXUDAS MATERIAL ESCOLAR:
Enviado por admin o Mar, 06/27/2023 - 11:38
Publícase, no taboleiro interior do instituto, a relación de solicitudes con deficiencias detectadas para que as persoas interesadas poidan emendalas e/ou presentar a documentación preceptiva para a tramitación do Fondo Libros/Axudas material para o curso 2023/2024.
Esta listaxe poderá consultarse presencialmente no instituto entre as 09:00h e as 14:00 horas. Así mesmo, as persoas solicitantes poderán acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación FondoLibros, empregando a Chave365 ou o certificado dixital.
Calendario de exames
Enviado por admin o Mér, 06/14/2023 - 11:55Publícase o calendario de exames.
