CIRCULAR FAMILIAS

Adxúntase circular para as familias con información importante máis un cartaz infomativo achegado polo Centro de Formación e Recursos (CFR) de Pontevedra, onde ofrece ás familias a posibilidade de formación no seu acompañamento ao alumnado e no coñecemento das ferramentas tecnolóxicas que enriquecen a experiencia de aprendizaxe dende os fogares.

Calendario Escolar 2020/2021

No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2020/2021

PLAN DE CONTINXENCIA IES AS BIZOCAS

Actualizado o 9 de novembro de 2020 xunto co novo Anexo I: horarios espello

Os cambios con respecto á anterior versión están en vermello para que sexa de doada lectura.

Engádese  o 1 de maio de 2021 o Anexo II: Plan de actuación para garantir a atención virtual do alumnado vulnerable

XUSTIFICANTE FALTAS ALUMNADO

Adxúntase modelo de xustificación de faltas do alumnado en formato editable e formato PDF.

As faltas do alumnado deben xustificarse sempre, cubrindo o modelo adxunto e entregándollo ó titor ou titora do alumno ou alumna. Tamén se poderá recoller no centro. Sempre que sexa posible irá acompañado de xustificante médico ou similar.

PROTOCOLO COVID

Plan de adaptación á situación COVID 19 no curso 2020/2021.

Actualizado o 9 de novembro de 2020. Os cambios con respecto á anterior versión preséntanse en vermello para unha rápida localización.

VÍDEO INFORMACIÓN COVID

O seguinte vídeo pretende amosar ó alumnado as normas e formas de actuar nesta volta ás aulas

CARTA ÁS FAMILIAS - NOVO CURSO 2020/2021

Información para a volta ás aulas

No seguinte tríptico, que será entregado ó alumnado o primeiro día de clase, recóllese información relativa á nova organización do centro debido á COVID-19.

Listaxe DEFINITIVA Fondolibros-Axudas material 2020/2021

Fanse públicas as listaxes DEFINITIVAS de solicitudes admitidas e excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario para estudar no IES As Bizocas o curso 2020/2021.

MODIFICACIÓN NO INICIO DO CURSO 2020/2021

Dende o IES AS BIZOCAS informamos ás familias de que o inicio do curso adíase ós días 23, 24 e 25 de setembro

 

Distribuir contido