Fondo solidario de libros de texto / Axudas para material CURSO 2024-2025

 

No DOG do 20/05/2024 publicouse a orde da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional que regula, para o curso 2024/25:

- A participación no fondo solidario de libros de texto para todo o alumnado da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2023/24 para todos os cursos).

- A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas a todo o alumnado da ESO.

 

O prazo de presentación de solicitudes vai do 21 de maio ata o 21 de xuño, incluído.

 

Teñen toda a información, cos requisitos para ser beneficiarios/as, nos dous arquivos que se achegan e mais na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/) onde poden acceder á orde reguladora desta convocatoria.

 

ALUMNADO ADMITIDO PARA 2024/2025

 

Por existir máis vacantes que solicitudes de admisión, e non ser necesaria a baremación das mesmas, procédese a asignar as prazas. Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido para estudar no IES As Bizocas o curso académico 2024/2025. Pode consultarse presencialmente no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto ou telematicamente a través da aplicación “AdmisionAlumnado" (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia.

 

Vacantes e proceso de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2024/2025

 

Ábrese o prazo para que o alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas presente a solicitude de ADMISIÓN: do 1 ao 20 de marzo, preferentemente por vía

electrónica.

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES para 2024/2025 é a seguinte:

 

- 1º ESO: 31 (6 para NEEAE)

- 2º ESO: 9

- 3º ESO: 16

- 4º ESO: 22

 

Consulte a información no arquivo adxunto.

 

RESERVA DE PRAZA 2024/2025: Listaxe definitiva de alumnado procedente de centros adscritos

 

Comunicamos a existencia de prazas suficientes para atender todas as solicitudes de reserva rexistradas en prazo para o alumnado do CEIP As Bizocas e mais do CEIP Valle-Inclán, para cursar 1º ESO neste instituto durante o ano académico 2024/2025.

Segundo as recomendacións vixentes en materia de protección de datos persoais esta listaxe definitiva de alumnado faise pública no taboleiro de anuncios situado no interior do instituto, onde se poderá consultar presencialmente. De xeito telemático, a través da aplicación AdmnisionAlumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/) tamén se poderá consultar a listaxe do alumnado con posto reservado utilizando calquera dos mecanismos de identificación admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o certificado dixital e mais a Chave365.

 

 

 

Bizocas e os 3´S do Nadal

Poden consultar toda a información da campaña de Nadal que se levará a cabo no centro.

Charla- Coloquio: Medrar dun xeito saudábel nun mundo dixital

O vindeiro mércores 13 de decembro ás 17:30h terá lugar, no IES As Bizocas, unha charla sobre o impacto da dixitalización, dirixido a pais, nais e profesorado.

Máis información no documento adxunto.

HORARIO DE ATENCIÓN ÁS FAMILIAS 2023/2024

Publícase o horario de atención ás familias do profesorado para o curso 2023/2024. 

Pregamos que previamente se poñan en contacto ca persoa titora para concertar a reunión.

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO 2023-2024

 

 

As clases no IES As Bizocas comezarán o luns 11 de setembro no horario habitual (de 08:35h a 15:00h). Haberá servizo ordinario de transporte escolar.

 

O profesorado titor entregaralle tanto os libros de texto de préstamo coma os vales para a adquisición de material escolar ao alumnado do seu grupo que resultou beneficiario das axudas.

 

Publicación da listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas no fondo solidario de libros/axudas material

 

Publícase no taboleiro do instituto a listaxe definitiva de solicitudes admitidas e excluídas do fondo solidario de libros de texto/axudas material, especificando os libros concretos que se prestan. Os libros, así coma o vale para adquirir material escolar, repartiranse ao alumnado beneficiario en setembro, o primeiro día de clase.

As persoas solicitantes tamén poden acceder por vía electrónica ao seu expediente, a través da aplicación fondolibros, identificándose empregando a Chave365 ou un certificado dixital.

 

 

Distribuir contido