ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

Debido á nova situación na que nos atopamos, as Programación do curso 19/20 requiren dunha serie de modificacións. Estas adaptacións poden ser consultadas nesta páxina web, no apartado de DEPARTAMENTOS DIDÁCTICOS, entrando en cada unha das materias.

INFORMACIÓN PARA O NOVO ALUMNADO DE 1ºESO. CURSO 2020/2021

Debido á situación na que nos atopamos, este ano non se levará a cabo a Xornada de Acollida para o novo alumnado.

No adxunto poderedes consultar parte da información que se facilitaría nesta xornada.

 

MEDIDAS PARA A ATENCIÓN PRESENCIAL dende o 11/05/2020:

 

1.- Será IMPRESCINDIBLE solicitar CITA PREVIA para acudir presencialmente ao instituto para realizar calquera tipo de trámite, chamando ao teléfono 886 151 420 ou por correo electrónico a: ies.asbizocas@edu.xunta.gal

 

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

 

Dende As Bizocas desexámosvos un feliz día do Libro

O profesorado de IES As Bizocas colaborou na elaboración deste video realizado por BIBLIOBIZOCAS

NOTAS 2ª AVALIACIÓN

O venres 3 abril a partir das 12 da mañá estarán accesibles as notas da 2ª avaliación a través de abalarMóbil. Se algún dos responsables do alumnado non dispón deste servicio, terá que poñerse en contacto co titor ou titora correspondente a través do seu correo electrónico (visible nesta mesma páxina).

CONTACTO COS TITORES E TITORAS

Aquelas familias que se queiran poñer en contactos cos titores e titoras de cada curso, pódeno facer a través dos seguintes correos electrónicos:

AVISO DO CONCELLO PARA AS FAMILIAS SEN EQUIPOS NA CASA (ORDENADOR, TABLET,...)

Co fin de facilitar, na medida do posible, o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno ou alumna non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet,...) póñase en contacto co concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento.

Pili Galiñares 607 54 02 71

Apoio ás familias e ao alumnado

Boas,

Primeiramente dicir que agardamos que vos atopedes ben!.

Distribuir contido