Programa de inmersión lingüística en colonias de vacacións en inglés

 

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para un programa de inmersión lingüística en inglés durante o verán de 2019, destinado ao alumnado de 1º e 2º ESO.

Durante estancias de 15 días traballaranse prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa, en instalacións situadas en distintos puntos da xeografía española en territorio peninsular. A contía das axudas estará determinada polas circunstancias persoais e sociais de cada solicitante.

 

Requisitos:

  1. Estar matriculado en 1º ESO ou 2º ESO en centros sostidos con fondos públicos durante este curso 2018/2019.

  2. Ter, como mínimo, “notable (7)” como nota media do curso anterior, 2017/2018.

  3. Ter, como mínimo, “notable (7)” como nota final na asignatura de inglés no curso anterior, 2017/2018.

  4. No ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.

  5. Os alumnos con necesidade específica de apoio educativo poderán optar con unha nota mínima de "aprobado" (5).

 

Prazo de solicitudes: ata o 22 de maio. As persoas interesadas deben presentar a solicitude de xeito electrónico a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

 

Toda a información deste procedemento nas seguintes ligazóns:

- Colonias inmersión 1º ESO: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/996278/1eso/996278-2019.html

- Colonias inmersión 2º ESO: http://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/general/educacion/996278/2eso/996278-2019.html