Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019: comprobación
Enviado por admin o Mar, 04/23/2019 - 09:40
Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, a Consellería de Educación xa fixo pública a relación das listaxes do alumnado solicitante e ábrese un prazo ata o 26 de abril para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.
Toda a información atópase coma sempre na páxina web deste programa: https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do