Complementarias

Grazas á empresas e entidades colaboradoras.

Queremos agradecer as doazóns de materiais aos seguintes organismos e empresas que colaboraron co noso centro e coas nosas actividades:

SOGAMA, PSA CITROËN, FUNDACIÓN NOVACAIXA GALICIA, FUNDACIÓN SANTIAGO REY FERNÁNDEZ-LATORRE (LA VOZ DE GALICIA), TURGALICIA  e ANAYA-XERAIS

Entrega de premios do I Concurso de Relatos Curtos Concello do Grove

A entrega de premios do I Concurso de Relatos Curtos Concello do Grove terá lugar ás 18.30 horas do vindeiro luns, día 2 de abril, na Biblioteca Municipal do Grove coincidindo coa celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil.

Clases de iniciación ao xaponés

A profesora Cecilia Martínez impartirá clases de iniciación ao xaponés os martes no recreo na aula de música. Os que querades asistir dirixídevos á profesora para máis información.  

Noraboa ás premiadas!

Parabéns a Beatriz Escribano (1º Premio), Carme Domínguez e Marta Díaz, gañadoras do I Certame de relatos curtos convocado pola Concellaría de Educación do Grove. Podedes ler máis información en Todogrove.com e no Faro de Vigo .


Concurso Nengajou (Postais Ano Novo Chinés)

Podedes consultar as bases do concurso no documento adxunto.

Distribuir contido