Entrega de premios do I Concurso de Relatos Curtos Concello do Grove

A entrega de premios do I Concurso de Relatos Curtos Concello do Grove terá lugar ás 18.30 horas do vindeiro luns, día 2 de abril, na Biblioteca Municipal do Grove coincidindo coa celebración do Día Internacional do libro infantil e xuvenil.


As estudantes premiadas nesta edición son: Beatríz Escribano, que gañou o primeiro premio polo relato “Primeiro día de traballo”, mentres que Carme Domínguez, con “Relato dun recordo”, e Marta Díaz, con “O galo iniciou o canto”, recibirán un accesit. As tres premiadas son estudantes do IES As Bizocas, noraboa rapazas!.