Nais/Pais

Información a Nais e Pais e documentos de interese

AVISO DO CONCELLO PARA AS FAMILIAS SEN EQUIPOS NA CASA (ORDENADOR, TABLET,...)

Co fin de facilitar, na medida do posible, o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno ou alumna non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet,...) póñase en contacto co concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento.

Pili Galiñares 607 54 02 71

AMPLIACIÓN DO PRAZO NO PROCESO DE ADMISIÓN

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes

Becas da Fundación Amancio Ortega para 1º BACH en EEUU ou Canadá

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2020/2021.

 

Actividades de formación en linguas estranxeiras 2019

 

A Consellería de Educación, Universidade e FP convoca prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras no verán de 2019.

 

Modelo candidatura Consello escolar representantes familias

No adxunto poden atopar o modelo de candidatura para presentar a súa candidatura ás eleccións do Consello Escolar para a vacante de representantes das familias. deberáse entregar na Secretaría do instituto antes do día 20 de noembro.

O comezo das clases: luns 17 de setembro

O luns día 17 de setembro comezan as clases do curso académico 2018/2019 xa co horario habitual:
Luns e martes: de 08:35h a 15:00h; mércores, xoves e venres: de 08:35h a 14:10h.

- Para este primeiro día o alumnado deberá traer algún material para poder comezar a traballar: libreta, bolígrafo, ...

Distribuir contido