Listaxe PROVISIONAL Fondo Libros-Axudas material 2019/2020

 

Hoxe, 10 de xullo, publícase a listaxe provisional de solicitudes admitidas/excluídas do préstamo de libros de texto do Fondo solidario-Axudas material 2019/2020 convocado pola Consellería de Educación (Prazo de reclamacións: nos dous días hábiles seguintes).

 

Todas as solicitudes presentadas resultaron admitidas. Lembramos que os libros asígnanse por orde inversa á renda per cápita da unidade familiar. O alumnado para o que se indica "asignaranse como mínimo 6 libros" tamén resultará beneficiario do vale para mercar material escolar. Unha vez comece o curso entregaranse estes vales a canda os libros de texto.

 

Está previsto que o 13 de setembro se publique a listaxe definitiva onde se relacionarán os libros concretos que se lle prestarán a cada alumno/a.

 

AdxuntoTamaño
Lista provisional Fondolibros 2019-2020.pdf160.81 KB