Convocado o préstamo de libros de texto e as axudas para material escolar 2019/2020

 

No DOG do día 21/05/2018 publicouse a ORDE do 3 de maio de 2019 que regula para o curso 2019/20:

a) A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO (manteranse os libros de texto do curso 2018/19).

b) A convocatoria de axudas para adquirir material escolardestinadas ao alumnado matriculado en calquera dos cursos da ESO.

 

 

REQUISITOS para poder participar na convocatoria:

 

- FONDO LIBROS: Pódese solicitar con independencia da renda per cápita, pero os libros dispoñibles no Fondo repartiranse por

orde inversa á renda, ata que se esgoten, garantindo:

- Ao alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €: 6 libros de texto.

- Ao alumnado con renda per cápita familiar superior a 5.400 € e igual ou inferior a 9.000 €: 4 libros de texto.

 

- AXUDAS MATERIAL: Alumnado con renda per cápita igual ou inferior a 5.400 € (axuda: 50 ).

 

AVISO: Para calquera modalidade (fondo ou axudas) é IMPRESCINDIBLE ter devolto os libros de texto, de ter sido beneficiario no curso 2018/19. O prazo límite para devolvelos será o 21 de xuño de 2019 (agás para o alumnado que teña algunha materia pendente, que poderá quedar co libro correspondente ata que se examine en setembro).

 

PRAZO de presentación de solicitudes: do 21/05/2019 ata o 21/06/2019.

Presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación "Fondolibros" a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B), empregando calquera mecanismo de identificación e sinatura admitido, como por exemplo: Chave365, DNI electrónico, certificado FNMT. Opcionalmente poderase presentar a solicitude presencialmente no instituto ou en calquera dos lugares e rexistros públicos.

Poden acceder aos formularios na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros). Unha vez cubertos todos os datos deberá gardarse a solicitude. Posteriormente poderase optar polas seguintes formas de presentación:

    - Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, ou
    - Presentación no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentación.

 

A SOLICITUDE será única para todos os/as fillos/as que estean admitidos/as no mesmo centro docente para o curso 2019/20, e especificarase o nivel de estudos que se espera que realice cada un/unha. Se están admitidos en centros distintos presentarase unha solicitude en cada centro educativo. (No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a).

 

A solicitude cubrirase cos datos do/da pai/nai/titor-a legal como persoa "solicitante", quen a asinará, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto prestados do fondo e o material reutilizable mercados coa axuda. As autorizacións dos restantes membros da unidade familiar, excepto do que se indique como "solicitante", figurarán no apartado Anexo II do formulario de solicitude.

 

Cando a documentación se presente no instituto, achegaranse fotocopias e os respectivos orixinais, para que a persoa que a reciba verifique a súa autenticidade. En todo caso, os documentos deberán ser válidos e eficaces no momento da súa presentación, e reflectir a situación persoal, familiar e económica a 31 de decembro de 2017 (agás no caso de violencia de xénero).

 

 

PUBLICACIÓN DAS LISTAXES DE ADMITIDOS/EXCLUÍDOS:

- Fondo de libros de texto: A listaxe provisional de alumnado admitido publicarase nesta web arredor do día 11/07/2019 (para a listaxe definitiva haberá que agardar ata setembro, ao 13/09/2019).

- Vales para mercar material escolar: Porase un aviso nesta web arredor do 11 de xullo informando da tramitación dos vales.

 

No documento adxunto achégase un resumo da información e dos requisitos que hai que cumprir para participar nesta convocatoria e mais da documentación necesaria para a tramitación.

 

 

 

 

AdxuntoTamaño
Resumo requisitos e documentación 2019-20.pdf269.39 KB