Becas da Fundación Amancio Ortega para 1º BACH en EEUU ou Canadá

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2020/2021.

 

Poderá participar aquel alumnado matriculado actualmente en 4º ESO que conte cunha nota mínima de 7 puntos na asignatura de inglés en 3º ESO e que tivera nese curso unha nota media de 7 puntos ou superior.

 

Toda a información, incluído o calendario coas fases do proceso de selección, na web https://becas.faortega.org/

 

Prazo de solicitudes aberto ata as 13:00h do 30 de outubro.

O alumnado interesado deberá solicitar previamente no instituto as certificacións académicas necesarias para adxuntalas á súa solicitude.