Taboleiro

Calendario escolar

No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 18-19

Becas 1º BACH (EE.UU./Canadá) Fundación Amancio Ortega

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2019/2020.

 

O comezo das clases: luns 17 de setembro

O luns día 17 de setembro comezan as clases do curso académico 2018/2019 xa co horario habitual:
Luns e martes: de 08:35h a 15:00h; mércores, xoves e venres: de 08:35h a 14:10h.

- Para este primeiro día o alumnado deberá traer algún material para poder comezar a traballar: libreta, bolígrafo, ...

Libros de texto para o curso 2018/19

Lémbrase que para estudar no IES As Bizocas durante o curso académico 2018/2019 se manterán os mesmos libros que os do curso anterior, poden comprobalos no arquivo adxunto.

Campamentos en inglés da Xunta ("Axudasle"): listaxes definitivas

Xa se publicaron as listaxes definitivas de alumnado seleccionado e suplente para participar nas actividades de formación en linguas estranxeiras durante o verán 2018, programa "Axudasle" convocado pola Xunta de Galicia.

Toda a información na web https://www.edu.xunta.es/axudasle/PaxinaInicio.do

Axudas municipais para libros e material 2018/19

No arquivo adxunto achégase información sobre as axudas municipais para a adquisición de libros e material escolar para o curso 2018/2019.

Prazo de solicitudes: do 1 ao 29 de xuño.

Para máis información dirixirse aos Servizos Sociais do Concello do Grove.

Distribuir contido