Taboleiro
Dende As Bizocas desexámosvos un feliz día do Libro
Enviado por admin o Xov, 04/23/2020 - 18:48O profesorado de IES As Bizocas colaborou na elaboración deste video realizado por BIBLIOBIZOCAS
NOTAS 2ª AVALIACIÓN
Enviado por admin o Xov, 04/02/2020 - 21:28O venres 3 abril a partir das 12 da mañá estarán accesibles as notas da 2ª avaliación a través de abalarMóbil. Se algún dos responsables do alumnado non dispón deste servicio, terá que poñerse en contacto co titor ou titora correspondente a través do seu correo electrónico (visible nesta mesma páxina).
CONTACTO COS TITORES E TITORAS
Enviado por admin o Mér, 04/01/2020 - 13:42Aquelas familias que se queiran poñer en contactos cos titores e titoras de cada curso, pódeno facer a través dos seguintes correos electrónicos:
AVISO DO CONCELLO PARA AS FAMILIAS SEN EQUIPOS NA CASA (ORDENADOR, TABLET,...)
Enviado por admin o Lun, 03/30/2020 - 11:00Co fin de facilitar, na medida do posible, o seguimento das clases dende a casa, se algún alumno ou alumna non dispón de equipo para facer as tarefas (ordenador, tablet,...) póñase en contacto co concello a través da concelleira de educación, e trataremos de darlle solución mentres dure o confinamento.
Pili Galiñares 607 54 02 71
AMPLIACIÓN DO PRAZO NO PROCESO DE ADMISIÓN
Enviado por admin o Ven, 03/13/2020 - 18:27Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.
Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación das solicitudes
NOTA INFORMATIVA PARA O SEGUIMENTO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA
Enviado por admin o Ven, 03/13/2020 - 14:03Infórmase ó alumnado que neste periodo sen clases presenciais atoparán tarefas de cada materia no apartado de Departamentos didácticos desta páxina e nas Aulas vituais (accedendo a elas como convidado, sen necesidade de usuario e contrasinal). Asemade recordamos que o alumnado xa recibiu instrucións por parte do profesorado para as actividades e o seu seguimento.
IMPORTANTE:
Campamentos Depo Aventura A Lanzada
Enviado por admin o Lun, 03/09/2020 - 14:26
A Deputación de Pontevedra convoca 2.200 prazas para o campamento Depo Aventura que se realizará no Centro Vacacional A Lanzada.
Poden participar os rapaces e rapazas nados entre o 2007 e o 2012.
O prazo de presentación de solicitudes remata o 25 de marzo.
Toda a información desta convocatoria na web https://www.depo.gal/depo-aventura (e na OMIX, teléfono 986 730 609).
Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe 2020
Enviado por admin o Lun, 03/02/2020 - 14:55
Xa está aberto o prazo de solicitude para “Os Campamentos Polideportivos Príncipe Felipe” para o ano 2020 organizados pola Deputación de Pontevedra.
Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2020/2021
Enviado por admin o Lun, 03/02/2020 - 10:07
Calendario Escolar 2019/2020
Enviado por admin o Xov, 02/27/2020 - 23:13No arquivo adxunto poden atopar o calendario escolar para o curso 2019/2020
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »