NOTA INFORMATIVA PARA O SEGUIMENTO DA ACTIVIDADE EDUCATIVA

Infórmase ó alumnado que neste periodo sen clases presenciais atoparán tarefas de cada materia no apartado de Departamentos didácticos desta páxina e nas Aulas vituais (accedendo a elas como convidado, sen necesidade de usuario e contrasinal). Asemade recordamos que o alumnado xa recibiu instrucións por parte do profesorado para as actividades e o seu seguimento.

IMPORTANTE:

- O acceso ós avisos que poida haber dos Departamentos Didácticos será nesta páxina --> columna dereita -->Departamentos Didácticos

- O acceso á Aula Virtual faise dende esta mesma páxina. Na columna da esquerda --> apartado Enlaces --> Aula Virtual --> Cursos (Unha vez escollido o curso, accederase como convidado)

- Algúns departamentos traballan co alumnado a través dos seus blogs e outros xa entregaron a tarefa en man