Taboleiro

Noraboa ás premiadas!

Parabéns a Beatriz Escribano (1º Premio), Carme Domínguez e Marta Díaz, gañadoras do I Certame de relatos curtos convocado pola Concellaría de Educación do Grove. Podedes ler máis información en Todogrove.com e no Faro de Vigo .


Convócanse axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012.

 


Hoxe publicouse a Orde do 22 de febreiro de 2012, pola que se convocan axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2012, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva. (DOG do 05-03-2012).

Campaña "Un sorriso para Aitana"

O IES As Bizocas sumouse á invitación da Concellería de educación do Concello do Grove para participar na campaña "Un sorriso para Aitana", en colaboración tamén coa asociación Amigos de Galicia. No centro temos un punto de recollida para que depositemos tapóns de botellas, así a familia de Aitana estará máis preto de obter os fondos económicos que precisa para un complexo transplante de corazón e pulmón. Tódolos datos da campaña pódense consultar aquí.


Grazas pola vosa colaboración.


CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

No documento adxunto poderán descargar o calendario das probas extraordinarias do curso 2010-2011. Lémbraselles que unha vez recollidas as notas deben formalizar a matrícula e entregar os libros de texto de préstamo, e poden solicitar a axuda para a adquisición de libros, se cumpren os requisitos.

CALENDARIO EXAMES SETEMBRO

No documento adxunto podedes consultar o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro.

Distribuir contido