Becas 1º BACH (EE.UU./Canadá) Fundación Amancio Ortega

 

A Fundación Amancio Ortega xa abriu o prazo de solicitude de becas dirixidas a estudantes de 4º de ESO para estudar 1º de Bacharelato nun High School en Canadá ou Estados Unidos durante o próximo curso escolar 2019/2020.

 

Poderá participar aquel alumnado matriculado actualmente en 4º ESO que conte cunha nota mínima de 8 puntos na asignatura de inglés en 3º ESO e que tivera ese curso unha nota media de 7 puntos ou superior (incluída a asignatura de relixión ou a súa alternativa).

 

Toda a información na web: https://becas.faortega.org/

 

Prazo de solicitudes: ata o 30 de outubro ás 13:00 h.

O alumnado interesado deberá solicitar previamente no instituto as certificacións académicas necesarias para adxuntalas á súa solicitude.