Procedemento de ADMISIÓN de alumnado para o curso 2018/2019

 

O alumnado doutros centros educativos que desexe incorporarse ao IES As Bizocas no curso 2018-2019 terá que presentar a solicitude de admisión do 1 ao 20 de marzo.

 

A OFERTA DE POSTOS ESCOLARES en cada un dos cursos é a seguinte:

- 1º ESO: 0
-
2º ESO: 14
-
3º ESO: 11
-
4º ESO: 23

 

Só se poderá presentar unha única SOLICITUDE DE ADMISIÓNpor alumno/a no centro no que solicite praza en primeiro lugar, empregando o formulario oficialmente establecido (Anexo II). Existe unha APLICACIÓN, mediante a que poden cubrir a solicitude nun ordenador, marcar os criterios do baremo (que, chegado o caso, queiran que se lles valoren), e imprimila e presentala de forma presencial no centro, ou presentala por vía electrónica a través da propia aplicación (utilizando dni-e, certificado dixital ou chave365).

 

 

Teñen toda a INFORMACIÓN do procedemento e manuais de axuda para as familias na seguinte ligazón: https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

 

Lémbrase que co Anexo II de solicitude deberán achegar:

- Documento acreditativo do requisito de idade do/da alumno/a (dni ou libro de familia).

- Certificado de matrícula do curso actual.

- Convenio regular ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.

Non será necesario presentar máis documentación, salvo que se opoñan á consulta automática dos datos. (No caso de que haxa que baremar avisarase do prazo para presentar presencialmente no centro a documentación acreditativa dos criterios alegados na solicitude.)

 



NOTAS DE INTERESE:

1. Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, do contrario perderá os dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

2. O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe. O actual alumnado do IES As Bizocas ten garantida a súa permanencia para cursar as ensinanzas de ESO. Porén, o alumnado matriculado en 4º ESO si debe presentar a solicitude de admisión no instituto da súa elección onde queira continuar os estudos.

3. O alumnado que ten reservada de praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

4. As familias deben ser conscientes de que ÚNICAMENTE o alumnado que segundo o domicilio alegado a efectos de valoración estea na zona de influencia deste centro terá dereito ao servizo de TRANSPORTE ESCOLAR ofrecido pola Xunta de Galicia.

 

 

LEXISLACIÓN APLICABLE:

  • DECRETO 254/2012, do 13 de decembro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación  infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato  reguladas  na  Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

  • ORDE do 25 de xaneiro de 2017 pola que se modifica a Orde do 12 de marzo de 2013 pola que se desenvolve o procedemento para a admisión do alumnado en centros docentes sustentados con fondos públicos que impartan ensinanzas de 2º ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

 

 

OUTRA INFORMACIÓN:

- Centros adscritos: CEIP As Bizocas e CEIP Valle-Inclán.

- Servizos complementarios: transporte escolar.

 

 

AdxuntoTamaño
Anexo II.pdf1.01 MB
Calendario admisión e matrícula.pdf126.62 KB