Fondo de libros (1º e 3º ESO): listaxe definitiva de admitidos/excluidos

Publícase a listaxe definitiva de alumnado admitido/excluido no Fondo de Libros para estudar 1º e 3º ESO no IES As Bizocas durante o curso 2016/2017. Nesta listaxe especifícanse os libros que se lle asigna a cada alumno/a (e na última páxina aparece o alumnado excluido).

 

ACLARACIÓN: Unha vez finalizado o periodo de matrícula para o curso 2016/2017, os libros cos que conta actualmente o Fondo (1º e 3º ESO) son insuficientes para atender toda a demanda do alumnado que resultou admitido neste sistema de préstamo creado pola Xunta de Galicia. Por este motivo na listaxe definitiva publicada hoxe aparece alumnado ao que aínda non se lle puido asignar libros por non telos dispoñibles no centro. O instituto ten obriga de mercalos para incorporalos ao Fondo de Libros e poder prestalos a este alumnado, dando cumprimento así á normativa vixente. Comunicaráselle a cada alumno/a que se atope nesta situación os libros que se lle van asignar e tentaremos facelo á maior brevidade posible.

 

AdxuntoTamaño
Listaxe definitiva admit-exclu Fondo Libros 2016-2017.pdf218.18 KB