Programa de Inmersión lingüística en colonias de vacacións (en lingua inglesa): 1º e 2º ESO

O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca prazas para asistir a colonias en réxime de internado durante o verán (en distintos puntos do territorio peninsular español) nas que se impartirán clases de lingua inglesa, que se complementarán con actividades lúdicas, deportivas, etc. Traballando prioritariamente os aspectos orais da aprendizaxe da lingua inglesa.

 

Requisitos:
- Estar matriculado en centros sostidos con fondos públicos durante o presente curso 2017/18 en 1º ESO ou 2º ESO.

- Ter, como mínimo, “notable (7)” como nota media do curso 2016/17.
- Ter, como mínimo, “notable (7)” como nota final na asignatura de inglés no curso 2016/17.
- Non ter sido beneficiario da axuda en convocatorias anteriores.
- O alumnado con necesidade específica de apoio educativo non terá nota mínima "notable" (7). Poderán optar desde o "aprobado" (5).

 

Prazo de solicitudes:

- Para 1º ESO: ata o 30 de abril de 2018 ás 08:59

- Para 2º ESO: ata o 30 de abril de 2018 ás 09:59

 

O alumnado que resulte beneficiario deberá completar o prezo do programa facendo unha achega económica de 50 € ou de 200 € dependendo da situación familiar.

 

Máis información da convocatoriana páxina web do Ministerio:

1º ESO: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/colonias-vacaciones-1-eso.html

2º ESO: http://www.mecd.gob.es/servicios-al-ciudadano-mecd/catalogo/educacion/estudiantes/becas-ayudas/para-estudiar/idiomas/colonias-vacaciones-2-eso.html