Calendario Exames

Calendarios de probas de certificación. Curso 2019-2020

A Consellería de Educación fixou as datas das probas escritas para as convocatorias de xuño e setembro na Circular 1/2020 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se regulan para o curso 2019-2020 as probas de certificación das ensinanzas de réxime especial reguladas polo Decreto 81/2018, do 19 de xullo.

Sen embargo, os calendarios de probas foron anulados tras a declaración de alarma sanitaria. As Instrucións da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se adoptan medidas para a finalización do curso 2019-2020 nas escolas oficiais de idiomas de Galicia, do 22 de maio, estableceron que o novo calendario de probas de certificación se publicaría cando as circunstancias sanitarias permitisen a súa realización.

A Consellería estableceu finalmente un novo calendario de probas de certificación (convocatoria ordinaria e extraordinaria) para os niveis B2, C1 e C2 que se pode consultar neste enlace.

Distribuir contido