Sesións culturais con Griffin

Ven e participa nas sesións lúdicas e culturais que impartirá o noso auxiliar de conversa, Griffin, na Escola os días 8 e 9 de febreiro.

Pódeste inscribir NESTE FORMULARIO ou ben a través do código QR que aparece no cartel, ata o luns 6 de febreiro. Lembra que só podes escoller unha sesión e que son necesarias un mínimo de cinco persoas para que se celebre.

Inscríbete e anima ao teu grupo de aula!