Taxas - probas de clasificación

En este apartado está a información sobre as taxas para as persoas que se matriculan nunha escola oficial de idiomas. Lea atentamente a información sobre:

Se ten algunha dúbida, consúltea na secretaría da EOI antes de efectuar o pagamento. Por favor, comprobe ben os importes a ingresar antes de acudir á entidade bancaria: o centro non pode efectuar devolución inmediata das cantidades incorrectamente ingresadas. O pago da matrícula deberá realizarse nos prazos establecidos.

 

Onde, como e cando abonar as taxas

A Consellería de Facenda é o organismos encargado da recaudación das taxas na comunidade de Galicia. O pagamento para a formalización da matrícula realizarase mediante un dos medios seguinte:

  • Modelo E: (subministrado polo centro en papel). O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
  • Modelo A: Impreso autocopiativo de pago que aínda poden dispor deles oficinas bancarias autorizadas e nalgunhas secretarías de centros de estudos. O procedemento neste caso é totalmente PRESENCIAL, ou
  • Modelo AI: Impreso que se descarga da web e procederáse a facer o pago de xeito presencial como no MODELO A, ou
  • Modelo 731: Cúbrense os datos do impreso na web e logo de imprimilos, o pago presencial faise como no MODELO A, ou
  • Modelo 730: Pago telemático puro (cúbrense os datos por internet e faise o pago via telemática. Neste caso, unha vez feito o pago telemático o navegador descargará o xustificante MODELO 730 e logo deberá presentalo na secretaría do seu respectivo centro docente.

Indicar que unha vez feito o pago e antes da descarga do MODELO 730, a aplicación xerará un “RECIBO DO PAGO CON TARXETA”. En ningún caso este recibo será xustificante de pago de taxas para presentalo no centro. Con os datos deste recibo, terán que volver a aplicación e xerar o MODELO 730 que será o que entregarán.

O servizo de pago telemático de taxas e prezos é unha aplicación web integrada na OV Tributaria” (Oficina Virtual Tributaria) que permite realizar a autoliquidación de taxas e prezos no ámbito da comunidade autónoma de Galicia. O enderezo da web é https://ovt.atriga.gal/

O pagamento quedará xustificado mediante a presentación do impreso validado pola entidade financeira no caso dos modelos E, A, AI e 731. No caso do pagamento telemático, pola presentación do modelo 730 co código seguro de verificación (CSV) xerado pola Oficina Virtual Tributaria. Atención: se vostede fai o pago telemático e lle resulta o resgardo 739, para obter o 730 ten que volver á aplicación de matrícula e solicitar imprimir resgardo/xerar documento; ou ben, desde o seu usuario na OV Tributaria, descargar o 730. 

Debe  presentar o xustificante xunto co resto da documentación.

Datos para cubrir a folla de liquidación de prezos públicos (modelos E / A / AI / 731)

Consellería de: Educación e Ordenación Universitaria - Código: 07
Delegación de: Vilagarcía de Arousa - Código: 42
Servizo de: Ensino Medio - Código: 03
Taxa: denominación: Escolas oficiais de idiomas - Código: 350800

 

Fraccionamento da taxa:

Segundo o Decreto 89/2013 do 13 de xuño, (DOG 114 do 17 de xuño), non é posible fraccionar o importe da taxa da proba de clasificación.

 

Importe da matrícula:

Taxa xeral para todo o alumnado:

Proba de clasificación

17,00 € (*)

TOTAL

17,00 €

 (*) Caso de matrícula en máis dun idioma debe multiplicar o importe do apartado polo número de idiomas en que se matricule.

 

Bonificación ou exención no pago das taxas:

No caso de exención ou redución nos prezos públicos, o alumnado ha de presentar a documentación acreditativa no momento de formalizar a matrícula na secretaría da EOI.

1. Familias numerosas. Terán unha exención do 100 % os/as membros de familias numerosas clasificadas na categoría especial e unha bonificación do 50 % para os/as de categoría xeral. Esta condición acreditaraa o/a alumno/a no momento de formalizar a matrícula, mediante exhibición do libro de familia numerosa ou do documento acreditativo de tal condición de uso individual legalmente establecido e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

2. Discapacidade. As persoas cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 % están exentas do pagamento dos prezos públicos. A acreditación desta condición realizarase ao formalizar a matrícula mediante exhibición do certificado ou resolución sobre o recoñecemento do grao de discapacidade ditada polo órgano competente nesta materia e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

3. Vítimas de actos terroristas. Están exentas do pagamento dos prezos públicos as vítimas de actos terroristas, así como os/as seus/súas cónxuxes e fillos/as. A acreditación desta condición deberase realizar documentalmente ao formalizar a matrícula, e o centro deberá conservar unha copia compulsada no expediente.

4. Violencia de xénero. Quedan exentas do pagamento polos servizos académicos regulados neste decreto as alumnas que sufran violencia de xénero. Tamén quedará exento o alumnado cuxas proxenitoras a sufran.

A situación de violencia de xénero acreditarase por calquera das seguintes formas:

a) Certificación da orde de protección ou da medida preventiva, ou testemuño ou copia autenticada polo/a secretario/a xudicial da propia orde de protección ou da medida preventiva.

b) Sentenza de calquera orde xurisdicional, que declare que a muller sufriu violencia de xénero.

c) Certificación dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

d) Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

e) Informe do Ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

f) Calquera outro que se estableza regulamentariamente.

5. Funcionarios/as docentes. Os/as funcionarios/as dos corpos docentes establecidos na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, están exentos/as do aboamento dos prezos públicos establecidos no decreto, agás os correspondentes á apertura de expediente e servizos xerais.

 

Normativa aplicable:

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, D.O.G. do 11, regula as taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia. As cuantías das taxas para os estudos nas escolas oficiais de idiomas foron actualizadas polo Decreto 89/2013, do 13 de xuño, (DOG do 17/06/2013)