World Book Day

 

ADIVIÑA QUEN VEN CEAR

Anímaste a participar na actividade do departamento de inglés para o Día do Libro?

Estamos a preparar unha cea imaxinaria con 5 protagonistas de libros escritos en inglés.

Cada día desta semana do lado das escaleiras da escola haberá unha mesa con pistas sobre os/as nosos/as convidados/as.

Bota unha ollada! Sabes en quen estamos a pensar?

Cubre unha invitación, métea na urna e poderás gañar unha copia destes coñecidos libros.