I Concurso de Microrrelato 'Linguas nas Redes' Día Europeo das Linguas
I Concurso de Microrrelato 'Linguas nas Redes' O I Concurso de Microrrelato Linguas nas Redes está aberto a calquera persoa que queira participar, de xeito individual, a través da súa conta de Twitter ou Instagram, sempre que sigan á EOI de Vilagarcía nas redes sociais. As obras deberán estar escritas no xénero microrrelato en prosa en calquera das cinco linguas estranxeiras que se ensinan na escola: alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Así, escollerase o mellor microrrelato en cada unha das cinco linguas, avaliado por un xurado formado por profesorado da escola. E tamén, será a propia comunidade nas redes a que escolla os microrrelatos do Twitter e do Instagram, mediante o voto con likes. Que non haxa alumnado na escola de momento, non significa que non o teñamos presente! |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
2. Póster I CONCURSO DE MICRORRELATO Día Europeo das Linguas v3.png | 205.83 KB |
Bases I CONCURSO DE MICRORRELATO Día Europeo das Linguas_pub.pdf | 199.55 KB |