I Concurso de Microrrelato 'Linguas nas Redes' Día Europeo das Linguas

I Concurso de Microrrelato 'Linguas nas Redes'
Día Europeo das Linguas | 26 de setembro
 
Presentamos a primeira actividade de centro que realizaremos na Escola Oficial de Idiomas de Vilagarcía, para celebrar a conmemoración do Día Europeo das Linguas no curso 2020-2021. Para isto, a EOI organiza o I Concurso de Microrrelatos, baixo o título Linguas nas Redes, que estará aberto a participación dende o día da conmemoración, 26 de setembro, até o 9 de outubro. Para optar a microrrelato gañador nalgunha das tres categorías, as obras que se presenten deberán cumprir as bases publicadas nesta ligazón.

O I Concurso de Microrrelato Linguas nas Redes está aberto a calquera persoa que queira participar, de xeito individual, a través da súa conta de Twitter ou Instagram, sempre que sigan á EOI de Vilagarcía nas redes sociais. As obras deberán estar escritas no xénero microrrelato en prosa en calquera das cinco linguas estranxeiras que se ensinan na escola: alemán, francés, inglés, italiano e portugués. Así, escollerase o mellor microrrelato en cada unha das cinco linguas, avaliado por un xurado formado por profesorado da escola. E tamén, será a propia comunidade nas redes a que escolla os microrrelatos do Twitter e do Instagram, mediante o voto con likes.

Que non haxa alumnado na escola de momento, non significa que non o teñamos presente!
Sorte ás persoas participantes.

 

 

AdxuntoTamaño
2. Póster I CONCURSO DE MICRORRELATO Día Europeo das Linguas v3.png205.83 KB
Bases I CONCURSO DE MICRORRELATO Día Europeo das Linguas_pub.pdf199.55 KB