Matrícula That's English! 2023-2024

Se quere cursar estudos de inglés na modalidade semipresencial That's English!, na EOI de Vilagarcía impártense titorías para todos os niveis.

O prazo de matrícula para o curso 2023-2024:

  •  Alumnado que estivo matriculado en That´s English no curso 2022-2023 e que desexen seguir os seus estudos nesta modalidade: do 19 de xuño ao 7 de xullo. Póñanse en contacto co seu centro de apoio administrativo.
  • Alumnado de nova incorporación a esta modalidade para o curso 2023-2024: do 1 de setembro ao 31 de outubro
  • Pode consultar todos os detalles na Instrución 6/2023.

 

O centro de apoio administrativo está na EOI de Pontevedra. Teléfono: 886 15 91 21. Pode consultar toda a información sobre o programa nesta ligazón externa: www.thatsenglish.com