2010-2011

GRANXA ESCOLA BERGANDO

O Martes 24 de Maio realizamos a excursión de fin de curso.


Este ano fomos á “Granxa-escola Bergando" en Negreira.

Chegamos cheos de ilusión e con moitas gañas de desfrutar:


Comezamos a mañá con xogos e manualidades:


Despois puxemos o delantal  e convertidos en pequenos cociñeiros

fixemos unhas mini-pizzas moi  ricas:


Co xantar repuxemos forzas para afrontar a tarde:


Visitamos o horto e os animais da granxa:


E por fin, nos tocou montar en cabalo!!!


Pasámolo moi ben!


Foi unha gran experiencia  e como tal a plasmamos nos nosos debuxos:


TIÑAN OS DINOSAURIOS PARA BEBER A MESMA AUGA QUE TEMOS NÓS ?

Existe un elemento que ó longo de millóns e millóns de anos, uniu a tódolos seres vivos do noso planeta:

a AUGA.

Cando se formou, hai catro mil cincocentos millóns de anos, a Terra era una bola de magma en fusión con centos de volcáns activos na súa superficie. O magma, cargado de gases con vapor de auga, emerxeu á superficie grazas ás constantes erupcións.

Despois a Terra arrefriouse, o vapor de auga condensouse e caeu novamente en forma de chuvia; así comezou o ciclo da auga.

A chuvia encheu as depresións do planeta e creou os océanos.

Mil millóns de anos despois, nos océanos reuníronse as sustancias químicas que darían orixe á vida.

Desde entón, a mesma auga circulou unha e outra vez no planeta, orixinando e conservando a vida. Grazas ó ciclo da auga, que constantemente purifica este valioso elemento, hoxe gozamos da mesma auga que beberon os dinosaurios.


CONVIVENCIA

O VENRES 3 DE XUÑO AS ESCOLAS DE OUTEIRO E CUVIDE RECIBIRON A UN GRUPO DE ALUMNOS, ALUMNAS  E MESTRAS DA ESCOLA DE AGUIÑO (RIBEIRA)

NA XORNADA DE CONVIVENCIA QUE COMPARTIRON HOUBO TEMPO PARA O XOGO, A APRENDIZAXE, O PASEO E A BOA ALIMENTACIÓN .

*

 O XOVES DÍA 2,  OS ALUMNOS E ALUMNAS DAS ESCOLAS DE CAPELA, OUTEIRO, CRUCEIRO E CUVIDE QUE VAN CAMBIAR DE CENTRO NO VINDEIRO CURSO ESCOLAR, COMPARTIRON UNHA XORNADA DE CONVIVENCIA CO ALUMNADO E PROFESORADO DO C.E.P. BREA SEGADE (TARAGOÑA).

OS ALUMNOS DE VACARIZA, QUINTÁNS, RAÑÓ, ABUÍN E PAZO REALIZARON TAMÉN UN ENCONTRO COS FUTUROS COMPAÑEIROS E PROFESORES DO C.E.I.P. CASTELAO (RIANXO) O VENRES 3 DE XUÑO

*

Ver

Rianxo e Aguiño

PIRAGÜÍSMO

OS ALUMNOS DE PRIMARIA DO CRA DESPRAZÁRONSE O PASADO MÉRCORES 1 DE XUÑO ATA O VECIÑO CONCELLO DE VALGA PARA REALIZAR UNHA ACTIVIDADE DE INICIACIÓN Ó PIRAGÜÍSMO.

CONSULTADE ESTA NOVA EN...

Vogando

Piragüísmo

Practicando o piragüísmo

Educación física

RIANXO E AGUIÑO

Este é un traballo entre centros, o ceip de Aguiño e as escolas de Cuvide e Cruceiro do CRA de Rianxo. Unha obra de arte conxunta.O primeiro paso foi pintar sobre cartón. E facerllo chegar a Aguiño.

A nos chegáronnos os de Aguiño e puxémonos mans á obra.

Así quedaron as nosas caras.

VOGANDO

O xoves 1 de xuño tiñamos programada a actividade "vogando polo Ulla" coa colaboración do clube de remo As Torres, pero as condicións meteorolóxicas e a baixada da marea, fixeron que tiveramos que desprazarnos a lagoa da telleira en Valga.

Iniciamos cunha introdución sobre o piragüismo

Preparamos un elemento fundamental: as palas

Preparámonos para vogar

En plena viaxe

Na recollida

Esta foi unha das actividades relacionadas co proxecto da auga que estivemos a desenvolver este curso.

CARREIRA DAS LETRAS

O Venres 13 de Maio festexamos as letras galegas cunha gran carreira en Campo Maneiro, xuntámonos con todos os nen@s do CRA e con algúns compañeir@s do CEP Brea Segade.

Comezamos os entrenamentos en Capela mentres agardábamos a chegada do autobús:

ao chegar acomodámonos para ver a carreira e cando a profe Jose deu a saída:

animamos sen parar,

 

corremos como campións,

cantamos e engalanamos o Maio,

homenaxeamos a Lois Pereiro,

recollemos a nosa medalla

e por último repuxenos as forzas perdidas.

Pasámolo moi ben, pero faltounos ver aos pais e nais da nosa escola correndo na carreira dos adultos. Aínda que non llo teremos en conta xa que nos acompañaron ao longo de toda a mañá e PROMETERON ANIMARSE PARA A CARREIRA DO 2012.

Como para iso aínda temos que agardar, mentres podemos desfrutar coas imaxes deste ano:

PIRAGÜISMO

O Mércores os nenos e nenas de primaria realizaron unha saída moi deportiva:atrevéronse co piragüismo.

Trouxéronnos estas fotos tan bonitas para compartir e para demostrar que están feitos uns expertos:

Distribuir contido