2010-2011

O RÍO TE, AO SEU PASE POR LAXE

NOME: Nuria

DATA: 10 de abril do 2011

LUGAR: A Laxe (Taragoña)

COMENTARIO

Este é o río Te. Nace no monte da muralla, no municipio de Rianzo, cunha lonxitude de 9 kilómetros, e desemboca na ría de Arousa.

Estas fotos correspóndense co río ao seu paso por Laxe, na parroquia de Taragoña.

Como podedes ver hai moitos muíños nos que antigamente os veciños ían moer o millo.

 

A FONTE DE OR

NOME: Lara Vidal

DATA: 3 de abril do 2011

LUGAR: A fonte de Or

COMENTARIO

Esta fonte foi feita no ano 1961, nunha aldea pequeniña da parroquia de Leiro. A súa auga fresca daba de beber a todos os que traballaban na veiga e á xente que pasaba por ese camiño.

 

A FONTE DE RIAL

NOME: Luis Somoza

DATA: 27 de marzo do 2011

LUGAR: A fonte de Rial

COMENTARIO

Ola, chámome Luis e vou falarvos da auga:

Nun recuncho do Rial atópase a fonte e o lavadoiro. Foron construídos fai anos. No verán collemos auga, fresca e sabe ben. Antes lavábase no lavadoiro.

VISITÁDEA!

 

A FONTE

NOME: Sara Seijas

DATA: 18 de marzo do 2011

LUGAR: A fonte

COMENTARIO

A fonte de Rañó (Leiro) foi reconstruída por os veciños en 1949.

O tellado do lavadoiro foi reconstruído no ano 2006, polo Obradoiro de emprego.

As mulleres antigamente ían lavar a roupa.

Agora como hai lavadoras xa non lava ninguén.

Na nosa casa bebemos todos os días auga da fonte de Rañó.

 

RÍO DO MAR

NOME: Sara Vicente

DATA: 12 de marzo do 2011

LUGAR: Río do mar

COMENTARIO

Como xa podedes ver na foto isto era un muíño. Os meus bisavós e máis a xente de Leiro viña ao muíño a moer o millo que se plantaba no campo  para despois facer o pan para comer.

 

 

O ÚLTIMO DÍA NA PRAIA DA TORRE...

PARA FESTEXAR A CHEGADA DO VERÁN E O ÚLTIMO DÍA DE ESCOLA

DECIDIMOS IR Á PRAIA.

E ASÍ O FIXEMOS, COLLEMOS CALDEIROS, PAS, ESPONXAS, XIRINGAS,...

E ALÁ FOMOS CON MOITAS GANAS DE PASALO BEN.

ALÍ ESTABAN TAMÉN OS NOSOS COMPAÑEIROS/AS

DA ESCOLA DE CRUCEIRO (nenos/as, mestras, familias)

QUE NOS CONVIDARON A FESTEXAR CON ELES OS CUMPRES DO VERÁN.

MOITAS GRAZAS AMIGOS!!!

 

 

E AGORA SO QUEDA DESEXARVOS A TODOS UN BO VERÁN.

UN BICO, PAULA E ANA

 

FIN DE CURSO

O Mércores 22 de Xuño fixemos unha festa para despedir o curso.

Antes de que chegaran os convidados puxémonos mans a obra para telo todo listo:

Isto rematou, así que:

"Desexamos un bo verán para todos os compañeir@s, mestres e familiares do CRA".

Adicamos unha aperta especial aos compañeiros que nos deixan e recordámoslle que non se esquezan de facernos algunha visita o próximo curso.

ÍMONOS FACENDO MAIORES

O venres 17 de Xuño festexamos os aniversarios do mes: Ana e Nerea cumpriron 8 anos, Iria 7 e Noelia xa ten 6 anos.

Foi unha mágoa non poder festexar ao aire libre os aniversarios dos que naceron máis pretiño do verán ou mesmo no verán, pois algunha xa o estaba celebrando por adiantado!!!

Aínda así, pasámolo moi ben!!!

PARABÉNS CHICAS!!!

UN RESTAURANTE NA ESCOLA DE PAZO

NOS ÚLTIMOS DÍAS DE CLASE, E PARA REMATAR

O TEMA DOS ALIMENTOS,

CONVERTIMOS A NOSA ESCOLA NUN RESTAURANTE.

EN PAZO INFANTIL FIXEMOS A COMIDA E EN PAZO PRIMARIA O POSTRE.

LOGO COMEMOS TODOS XUNTOS.

GRAZAS AS INDICACIÓNS DO NOSO XEFE DE COCIÑA QUEDOUNOS

UN MENÚ MOI SABROSO.

 

 

LIDIA FAI UN BISCOITO

ANTES DE REMATA-LO CURSO , LIDIA

FIXO UN BISCOITO CO AXUDA DA SÚA AVOA

 E TROUXOO PARA COMER NA ESCOLA CON TODOLOS

SEUS AMIGOS.



(Estaba tan rico!!!).

GRAZAS LIDIA

Distribuir contido