Escola de Quintáns

GABRIEL E MIGUEL FANSE MAIORES!

O mesmo día que celebramos o Samaín na escola, fixemos a celebración dos cumpreanos que tiveron lugar no mes de outubro. Este mes os homenaxeados foron Gabriel e Miguel e desfrutamos cunha magnífica tarta de arañas! Ademais, como estabamos disfrazados, foi unha festa aínda máis especial.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Moitas felicidades rapaces!

 

 

 

DE CONCERTO A COMPOSTELA!

O mércores 28 de Outubro, tocounos ós nenos e nenas de Quintáns visitar o auditorio de Galicia para asistir ó concerto didáctico "Acábate la sopa".

A viaxe foi moi divertida, merendamos na porta do auditorio e tomamos galletas e auga.

Despois de relaxarnos uns intres, entramos xa a disfrutar deste fantástico concerto.

Pasámolo moi ben coa historia de Muriel e os seus amigos, e algúns ata nos demos conta de que no medio do concerto apareceron imaxes de Neil Armstrong pisando a lúa!

Un día cheíño de cousas bonitas!

Welcome to the English class!

Comezamos un novo curso escolar aprendendo inglés con Cheeky e os seus amigos.

Así os coñeciamos na escola de Quintáns.

O noso corpo

Os nen@s de Quintáns de Primaria, estamos estudando o corpo humano na clase de Ciencias Naturais. Hoxe coa axuda do corpo de Miguel, fixemos unha réplica do corpo dun neno. Agora só nos queda poñerlle o nome ás extremidades superiores, inferiores, ó tronco...e completar con todo o que estamos aprendendo. Evidentemente todos quixemos pasar polo sitio de Miguel e comparar se éramos máis grandes ou máis pequenos.

Aquí tendes a proba do ben que o pasamos!

Bicos e apertas para tod@s!

 





FELIZ ANIVERSARIO VALERIA!

Na escola de Quintáns, hoxe tocou festexar os aniversarios de Setembro para poñer punto e final a este marabilloso mes de volta ó cole.

A sorpresa foi que só Valeria cumpriu anos este mes, nin máis nin menos que 4!

Pero iso non foi problema, porque todos os nenos da escola fixemos unha gran festa para celebralo, e ademais Valeria convidounos a Biscoito con chocolate e zumes!

FELIZ ANIVERSARIO VALERIA!

OLA DE NOVO A TOD@S!

OLA A TOD@S!

SOMOS @S NEN@S DE QUINTÁNS DE PRIMARIA.

GÚSTANOS MOITO VIR Ó COLE. ESTAMOS NA CLASE DE LINGUA. MANDÁMOSVOS UN BICO E UNHA FOTO. HOXE FALTA ÁLEX.

MIGUEL, GABRIEL, IAGO, MARCOS, AINOA, XIANA, ANTÍA E O PROFE PABLO.

 

TALLER DE CHOCOBOLAS

O PASADO VENRES, VOLTAMOS A MANCHAR AS MÁNS, CONCRETAMENTE DE GALLETA E LEITE CONDENSADA. ESTES SON OS INGREDIENTES BÁSICOS PARA FACER AS CHOCOBOLAS. AH E CASE ME ESQUENZO DO MÁIS IMPORTANTE, A COBERTURA CON VIRUTAS DE CHOCOLATE. PUXÉMONOS AS BOTAS, E SE NON O CREEDES, MIRADE:

ESTADE ATENT@S, PORQUE DENTRO DE POUCO HABERÁ MÁIS...

 

Coñecemos a Pablo Picasso

Despois de coñecer a vida do noso querido Picasso decidimos aprender a pintar como él, comezando pola súa firma. Velaquí @s nov@s pintor@s de Quintáns:

1º OBRADOIRO DE COCIÑA

EN QUINTÁNS ATOPAMOS 13 COCIÑEIROS NOVOS QUE FAN AS PIZZAS MÁIS RICAS DE TODA ISORNA

ESTADE MOI ATENTOS PORQUE SEGUIREMOS A COCIÑAR MOITAS MÁIS RECETAS!!

Bo nadal!

O nadal xa chegou a Quintáns, aqui vos presentamos a nosa árbore:

Distribuir contido