2014-2015

Contidos creados no curso escolar 2014-15

PROBADORES DE ALIMENTOS EN CONSERVA

DENTRO DO PROGRAMA DE EDUCACIÓN PARA A SAÚDE

E GRAZAS Á DOAZÓN DE CONSERVAS CORTIZO ADICAMOS ESTA SEMANA

A PROBAR ALIMENTOS MARINOS EN CONSERVA:

MEXILLÓNS, SARDIÑAS, AGULLAS, ATÚN E CALAMARES NA SÚA TINTA.

 

CONTOS DO MUNDO

CONVIDADO POLO AMIGO DANIEL, O MÉRCORES 25 DE MARZO, O CONTACONTOS ANXO MOURE VIAXOU CO SEU NUBINETE POLAS ESCOLAS DO CRA PARA ACERCARNOS UN FEIXE DE CONTOS DO MUNDO

PROXECTO HORIZONTE: MARZO

NESTA SESIÓN DAVID ACERCOUNOS A UNHA FÁBRICA DE CONSERVAS.

MOITAS DAS NOSAS NAIS SON OPERARIAS DE FÁBRICA.

EXPLICOUNOS CAL É  O PROCESO DE ENLATADO DUN GRAN ATÚN PEIXE E

POIDEMOS ENTENDER COMO CHEGA A NÓS DENTRO DUNHA LATA.

A MIÑA NAI É..

 

ADICAMOS O DÍA DA MULLER TRABALLADORA AS NOSAS MAMÁS...

QUE TANTO NOS QUEREN, QUE TANTO NOS COIDAN,

E QUE TANTO TRABALLAN DENTRO E FÓRA DA CASA!!!

 

ESTES DÍAS FALAMOS DO TRABALLOS QUE FAN AS NOSAS NAIS TANTO FÓRA

COMO DENTRO DA CASA E CONCLUIMOS QUE É MOI IMPORTANTE

QUE TODOS OS MEMBROS/AS

DA FAMILIA COLABOREMOS NAS TAREFAS DA CASA SENON

PODE PASARNOS COMA NO "LIBRO DOS PORCOS"

A VISITA DE ESTELA, A PANADEIRA

 

TODOS OS DÍAS VEMOS POLA VENTANA A CHEGADA DA PANADEIRA

QUE REPARTE O PAN NAS CASAS CERCANAS Á ESCOLA.

HOXE, ADEMÁI,S ACHEGOUSE E DEIXOUNOS O PAN A NÓS TAMÉN...

AARÓN PÚXOSE MOI CONTENTO POIS ESTELA, A PANADEIRA, É A SÚA NAI.

UNHA DAS NOSAS NAIS TRABALLADORAS.

UN DÍA MOI CHUVIOSO!

OS NEN@S DAS ESCOLAS DE CUVIDE, CRUCEIRO, OUTEIRO E CAPELA, FIXERON NO TALLER DE LINGUAXE UN OBRADOIRO DE CREACIÓN DE CONTOS CO PROFE PABLO.

FIXERON ENTRE TOD@S UN CONTO CREANDO A HISTORIA, OS MURALES PARA ILUSTRAR O TEXTO, E POR SUPOSTO GRABARON AS SÚAS VOCES CONTANDO O SEU CONTO. 

EN CADA ESCOLA CREOUSE UN CONTIÑO DIFERENTE, ONDE CADA UN APORTOU O SEU GRAN DE AREA.

AQUÍ VOS DEIXAMOS O DA ESCOLA DE CRUCEIRO.

APERTAS LINGÜÍSTICAS!

 

Mexican masks for the Day of the Dead

Day of the Dead is a Mexican holiday that takes place October 31st, November 1st and November 2nd, when we celebrate our Samhain. A typical symbol of this holiday is the skull represented in masks and food. We created our own skull mask out of a cardboard plate.

O Día dos Mortos é unha festa mexicana que se celebra o 31 de outubro, 1 de novembro e 2 de novembro, cando nós celebramos o noso Samain. Un símbolo típico desta festividade é a caveira representada en máscaras e alimentos. Nós creamos a nosa propia máscara de caveira dun prato de cartón.

 

VOLCÁN RUCAPILLÁN

NOS ANDES CHILENOS ESTÁ O VOLCÁN VILLARRICA OU, TAL E COMO FOI CHAMADO POLOS INDIOS MAPUCHES, O VOLCÁN RUCAPILLÁN

O RUCAPILLÁN ENTROU EN ERUPCIÓN HAI UNS DÍAS E NÓS PUIDEMOS VER AS IMAXES DA ACTIVIDADE VOLCÁNICA GRAZAS ÁS EDICIÓNS DIXITAIS DOS XORNAIS

GRAZAS A INTERNET DESCUBRIMOS TAMÉN QUE, SEGUNDO CONTA UNHA LENDA MAPUCHE, O RUCAPILLÁN GARDA NO SEU INTERIOR O BÓ TEMPO E OS SOÑOS BÓS

OS ANDES

A CORDILLEIRA DOS ANDES PERCORRE AMÉRICA DO SUR DUNHA PUNTA A OUTRA. AS SÚAS ENORMES MONTAÑAS, VIXIADAS DENDE O ALTO POLO CÓNDOR,  ESTÁN HABITADAS DENDE HAI MILES DE ANOS POR DISTINTOS POBOS INDÍXENAS. 

(NA ESCOLA TAMÉN GOSTAMOS DE SENTIRNOS ANDINOS!!)

NELA VIVEN ADEMAIS DISTINTOS ANIMAIS DA FAMILIA DOS CAMELOS: A LLAMA, A ALPACA, A VICUÑA E O GUANACO

E, O MÁIS IMPRESIONANTE, NA CORDILLEIRA DOS ANDES ESTÁN OS VOLCÁNS DE MAIOR ALTITUDE DO PLANETA !!

VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

DO 17 AO 19 DE MARZO AS AULAS DO CRA DESPRAZÁRONSE A SANTIAGO PARA REALIZAR UNHA VISITA DIDÁCTICA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL, CREADO POLA UNIVERSIDADE COMPOSTELÁ CO OBXECTIVO DE FOMENTAR A DIVULGACIÓN CIENTÍFICA

Distribuir contido