Articles

Orientación - Sub Categories

Axudas á conciliación para o coidado de fillos/as menores

AXUDAS CONCILIACIÓN

No DOGA do 12 de xuño de 2020 publícase  RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2020, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as axudas á conciliación da vida familiar e laboral, por redución da xornada de traballo, como medida de fomento da conciliación e corresponsabilidade, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo (FSE) con cargo ao programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento SI440A)

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as persoas físicas, homes e mulleres (neste último caso só se son familias monoparentais) que no período comprendido, entre o 1 de xullo de 2019 e o 30 de xuño de 2020 ambos os dous inclusive, se acollan á medida de redución da súa xornada de traballo para o coidado de fillos e fillas menores de tres anos ou menores de 12 anos no suposto de que padezan unha discapacidade recoñecida de porcentaxe igual ou superior ao 33 %.

ENLACE Á RESOLUCIÓN

 

AXUDAS CONCILIACIÓN DERIVADAS DAS CONSECUENCIAS DA COVID 19

Por outra parte e relacionado coa conciliación a Xunta publicita unha liña de axudas específicas relacionadas coas consecuencias da COVID:

ORDE do 11 de xuño de 2020 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas ás familias con nenas e nenos de ata doce anos de idade para a conciliación na situación xerada pola COVID-19 a través do programa Bono coidado extraordinario (código de procedemento BS900C).

ENLACE AO SUMARIO DO DOGA 114 BIS

Coñecémonos!

Neste curso escolar, 2019-2020, varios dos nosos nenos e nenas rematan no CRA de Rianxo e comezan en setembro no CEIP ADR Castelao de Rianxo. 

Todos os anos facemos unhas xornadas de convivencia para que coñezan aos seus novos compañeiros e compañeiras e ao propio colexio; así que este ano, ambos centros, creamos estes dous vídeos para que todo o alumnado se vaia coñecendo.

Agardamos que vos gusten!

 

                                                

 

Asociación AVOAR, Educación e cultura comunitaria para o desenvolvemento rural

A asociación AVOAR, na que está integrado o Psicólogo e  veciño de Araño David García Romero tense dirixido ao noso centro para ofertar un servizo gratuito de acompañemento psicopedagóxico.

Na comunicación David dinos:

"Escríbovos posto que como asociación puxemos en marcha a oferta gratuíta de acompañamento psicopedagóxico durante o confinamento, posto que tres de nós somos psicólogas (un psicólogo educativo e dúas psicólogas socias con experiencia no ámbito educativo) e atopamos que a nosa acción de aportación á comunidade como asociación neste tempo, ó non poder facer actividades presenciais, pode ir nesta liña."

Dende o C.R.A. de Rianxo, acollemos con agradecemento a súa oferta solidaria.

 

 

 

Que será a luzada pois?

Unha planta coa que facer infusións?
0% (0 votos)
Un paxaro que voa pola noite?
0% (0 votos)
Para a xente mariñeira a hora do abrente?
0% (0 votos)
Un oso que temos nas mans?
0% (0 votos)
Total de votos: 0

Dereitos das nenas e dos nenos

No ano 2019 celebramos o 30 aniversario da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno (CDN) pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas e, con tal motivo, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ven de promover unha nova edición en galego do texto íntegro do tratado e unha serie de convencións adaptadas coa finalidade de achegar os dereitos da infancia ao conxunto da sociedade galega poñendo un fincapé especial nos nenos, nenas e adolescentes.

Enlace á folla na que descargar os textos

 

CRA DE RIANXO EN NEGRO

 

   
   
   
   
 
   
   
   
   
   
 
   
 
   
   
 
   

Montando o noso robot MILO

Como nos tiña prometido María, hoxe comezamos a montar os nosos robots.

Primeiro xogamos a facer construccións con variñas de plastico

Logo traballamos no robot Milo.

María abriu unha aplicación no ordenador e nos seguimos as instruccións da aplicación.

 

 

Actividades Rianxo Ciencia 2019

9, 16, 22, 23 e 30 de novembro

Aditorio de Rianxo Biblioteca Municipal Castelao

OBRADOIROS, CHARLAS - COLOQUIO - SHOWS CIENTÍFICOS - EXPOSICIÓNS

Concello de Rianxo, Universidade de Santiago, Deputación de A Coruña e Arenaria.

 

Actividades Rianxo Ciencia 2019

9, 16, 22, 23 e 30 de novembro

Aditorio de Rianxo Biblioteca Municipal Castelao

OBRADOIROS, CHARLAS - COLOQUIO - SHOWS CIENTÍFICOS - EXPOSICIÓNS

Concello de Rianxo, Universidade de Santiago, Deputación de A Coruña e Arenaria.

 

Investigación sobre a violencia de xénero - Ría Arousa

Estudio sobre a Violencia de Xénero nos ámbitos mariñeiros.

Investigación realizada pola UDC, no ámbito da Ría de Arousa