Primaria

VISITA AO PAZO 1º, 2º EP

O alumnado de 1º e 2º de primaria visitou as instalacións do Pazo da Cultura da man de Dani e Bea, coñeceron as distintas estancias que o compoñen ( escenario, butacas, equipos de son) e  descubriron distintos instrumentos, a forma de fabricación, crearon un eles/elas mesmas, tocaron, bailaron, cantaron e sobre todo disfrutaron.

 

 

 

OBRADOIRO TRAMPAS DE VELUTINAS 3º EP

Grazas a Simón , do SPEIS de Narón o alumnado de 3º e 4º de primaria coñeceu un pouco máis a fondo ás velutinas.

A forma máis eficaz de contermos a súa gran multiplicación e os efectos perniciosos é reducir o número de raíñas cando saen da súa invernación. Para iso é fundamental realizar una ampla campaña de trampeamento primaveral.
A primavera é a época clave, desde primeiros de marzo ata maio, é cando as raíñas empezan paulatinamente a espertar da súa hibernación e comenzan a súa actividade.
Unha vez que se reactivan e constrúen o niño primario dispoñeremos duns 40 días para cazalas; despois, encláustrase no niño tartagueiro secundario e xa non volve saír.
Desgraciadamente, non todas saen ao mesmo tiempo da invernada, para capturalas; por iso debemos empezar a trampear desde primeiros de marzo a mediados de maio.

Cada neno/a con dúas botellas reutilizadas elaborou a súa propia trampa.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE- 1º E.P

Para celebrar o día mundial da saúde o alumnado de primaria elaborou unha receita saudable con froita. Con diversos tipos de froita crearon formas incribles como unha fermosa tartaruga. Nestas publicacións podedes ver o proceso e resultado.

VISITA A LUDOTECA MUNICIPAL 1º E 3º DE EP

O alumnado de 1º e 3º  de educación primaria acudiu a Ludoteca Municipal , onde María , a educadora, lles explicou en que consiste unha Ludoteca, as súas normas, quen pode usala e ata que idade. Levounos a coñecer as instalacións de este espazo . Todos xuntos e xuntas fixeron un xoguete con material de refugallo para rematar disfrutando dos diferentes xogos que alí hai.

 

3º EP- A BICICLETA: NORMAS E BENEFICIOS DO SEU USO

O alumnado de terceiro de primaria participou na actividade promocionada dende o Concello sobre as normas á hora de empregar as bicicletas percorrendo diferentes circuitos. A súa vez aprobeitamos para conversar sobre os beneficios do uso da bicicleta para a nosa saúde : exercicio físico, coordinación, atención, etc.

VISITA DE 1º E 2º DE EP A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE NARÓN

O alumnado de 1º e 2º de EP acudiron a dúas  das bibliotecas que ten o noso Concello, situadas no local da Mocidade e na propia Biblioteca Municipal. No primeiro dos lugares coñeceron a sala de informática e a zona de libros e xogos de mesa, no cal gozaron con distintos xogos. No segundo dos edificios lles explicaron como se clasifican os libros, como é o sistema de préstamo e leeronlles dous contos para finalmente  por parellas ollear os contos que desexaron.

 

APRENDER A COMPARTIR VÍA PÚBLICA

O alumnado de 1º e 2º de ep tivo unha sesión formativa impartida dende o Concello de Narón (Ed. vial)  sobre como compartir a vía pública, nocións básicas de peóns e ciclistas.

Distribuir contido