O Val, Domirón, Pedroso, San Mateo, Castro, Sedes
VEXO VEO XACOBEO
O VENRES, DÍA DE 10 FEBREIRO, @S NEN@S DE INFANTIL, PRIMEIRO E SEGUNDO DE PRIMARIA TIVERON UNHA XORNADA DE MOTIVACIÓN DUN CONTACONTOS PARA INICIAR O PROGRAMA VEXO VEO XACOBEO
BO CAMIÑO
DÍA DA PAZ
O 30 DE XANEIRO OS NENOS E NENAS DO VAL XUNTÁRONSE PARA CELEBRAR O DÍA DA PAZ E INTECAMBIAR "UN BICO POR UN VERSO". E COMO DÍ A CANCIÓN, O MUNDO E GRANDE!
CONTACONTOS COMIGO
Esta semana tivemos a sorte de que nos visitaran familias nas tres clases, facéndonos pasar un bo ratiño escoitando os contos seleccionados.
DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Aquí un resumo do traballo realizado ao longo da semana para conmemorar o día Escolar da Paz e da non violencia.
CONTACONTOS COMIGO
Este ano xa comezamos no mes de Xaneiro coa colaboración das familias para desfrutar dunha actividade tan enriquecedora como é compartir un conto coa clase do seu fillo ou filla. Estamos encantadas de recibir a estas familias voluntarias e, moito máis, os peques que se sinten protagonistas nese día.
GRACIÑAS A TODAS AS FAMILIAS COLABORADORAS!!
Instalación: Coñecendo a Matisse
Nun recanto da aula inferior, creamos unha instalación de arte adicada a Matisse. Fomentamos así un espazo de aprendizaxe da súa vida e obra cos aspectos máis significativos das mesmas.
Grazas a ela coñecemos o seu nome, algúns dos seus cadros, recortamos como Matisse e creamos con pinceis como o autor.
Obradoiros de Alimentación saudable
Ao longo destas semanas visitounos Jessica para falarnos de cousas moi interesantes sobre os alimentos e a alimentación.
Con ela repasamos e aprendimos nomes de froitas, verduras, cereais, e tamén falamos sobre cantidades e de alimentos bons e menos
bons. Todas unhas aprendizaxes moi necesarias para a nosa saúde.
E que mellor forma de rematar que con un batido frutas que estaba para chupar os dedos.
Facemos unha galletas de medo
Para o taller de cabazas coas familias decidimos cociñar unha galletas de medo. Pasamos momentos divertidos coas formas e a decoración, sempre tendo en conta de rebaixar os niveis de zucre para estar un pouquiño máis sans.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- …
- seguinte ›
- última »