Edu-saúde

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Na escola de Domirón estivemos reflexionando sobre os dereitos que temos para gozar dunha boa saúde, seguindo o lema deste ano. Se premes na seguinte imaxe podedes ver as actividades que fixemos para conmemorar esta data. 

 

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE- 1º E.P

Para celebrar o día mundial da saúde o alumnado de primaria elaborou unha receita saudable con froita. Con diversos tipos de froita crearon formas incribles como unha fermosa tartaruga. Nestas publicacións podedes ver o proceso e resultado.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

DÍA MUNDIAL DA SAÚDE

Do 2 ao 5 de abril adicámolo á saúde, como recomendacións temos: Sopa verde, Las pirañas no comen bananas, Sopa 100% embrujada, Un rico pastel, Sanotes, sanitos, El vampiro Edelmiro, Hoy cocinan ellos, Una rica merienda, Miña casiña, meu lar, ¡Ñam! sobre lo que comemos.

ANDAINA ATA BALTAR

Este venres 22 de marzo, realizamos unha andaina dende a nosa escola ata o convento de Baltar. Rematamos así, este segundo trimestre e festexamos o inicio da primavera.

Esta actividade enmárcase dentro do contrato programa EDU-SAÚDE.

Pasamos unha xornada moi agradable de convivencia!

Olla o vídeo para comprobalo!

 

 

ANDAINA ATA BALTAR 

CALDO DE GLORIA DE ROSALÍA, O NATURAL FRONTE AO ULTRAPROCESADO

Conmemoramos o Día de Rosalía coas familias elaborando un "Caldo de Gloria" inspiradas no poema Miña casiña , meu lar. Para isto clasificamos os ingredientes da receita, identificando as verduras, os tubérculos,os legumes e as carnes e falando das súas propiedades.

Reflexionamos sobre a importancia de comer variado e productos naturais e non os ultraprocesados e industriais en beneficio da nosa saúde.

Xa por último seguimos os pasos para elaborar o caldiño que pola tarde compartimos coas familias na Escola de Sedes.

3º EP- A BICICLETA: NORMAS E BENEFICIOS DO SEU USO

O alumnado de terceiro de primaria participou na actividade promocionada dende o Concello sobre as normas á hora de empregar as bicicletas percorrendo diferentes circuitos. A súa vez aprobeitamos para conversar sobre os beneficios do uso da bicicleta para a nosa saúde : exercicio físico, coordinación, atención, etc.

Distribuir contido