INFORMACIÓN INICIO CURSO 20-21

Estimadas Familias :

Empeza un novo curso escolar . Será un curso diferente, pero temos a ilusión ,o compromiso e a competencia profesional para facer posible un camiño educativo ilusionante xunto con vós pese a todo. 

Estamos traballando para crear contornos seguros para desenvolver con éxito o currículum establecido . 
Presentarémosvos  o noso PLAN de ADAPTACIÓN para a situación COVID para o curso 2020-21 que estamos elaborando  así como o PROGRAMA DE ACOLLIDA : cambios temporais nas NOFC ( Normas de Organización e Funcionamento do Centro ) a vindeira semana en reunións informativas con aforo reducido e gardando as distancias de seguridade. É moi importante que acuda un dos proxenitores.

Serán o 8 e o 9  de setembro en función da Escola e nivel educativo.Concretaremos os horarios de cada grupo nesta páxina e por ABALAR.

Un saúdo.
Vémonos axiña.