MARCHA CICLISTA ESCOLAR
O pasado venres día 17 , @s nen@s de 3º e 4º de primaria,
participaron na Marcha Ciclista Escolar organizada polo Equipo Educación Viaria de Narón.
Nesta marcha participaron máis de 1.200 escolares.
O noso percorrido foi dendo O Feal ata o paseo marítimo de Xubia, alí recargamos forzas e volta polo Ponto.
Ademáis desfrutamos da sorpresa da xornada, a aterraxe do helicóptero Pegasus da DGT.
Moitas grazas a Carlos o pai de Miguel e a Lorena pola súa compaña e axuda.
Parabéns para tod@s polo voso esforzo!