Emociona-T

FOTOMATÓN DAS EMOCIÓNS

Na aula de 2º seguimos traballando as nosas emocións, para iso elaboramos un photocall moi especial. Podedes ver o ben que expresamos a nosas emocións.

 

                        
                     
          
            
     

 

Lecturas para o desenvolvemento emocional

Nesta actividade lemos e comentamos  o conto que leva por título " Recetas de lluvia y azúcar" da autora Eva Manzano Plaza e da ilustradora Mónica Gutiérrez Senra.

" Este recetario serve para comerse a vida a culleradas, para endulzar as emocións que nos acompañan cada día e para aprender a manexalas coa imaxinación como ingrediente imprescindible"

Non sabiamos que o conto ía traernos momentos tan divertidos como o da foto

 

 

A Receita da felicidade

A felicidade é unha sensación duradeira de benestar e que dependen de múltiples factores que se poden modificar e polo tanto ensinar.

Primeiro pensamos en todas as cousas que nos fan sentir ben ou que nos gustan ( lugares,cousas que nos gusta facer en familia, cousas que nos gusta facer cos amigos, comidas, xogos,  afeccións...).

Despois dibidimos as temáticas en catro cores que asemellarán o noso menú: entrantes, primeiro prato, segundo prato e sobremesa, e cada un/unha elaboramos o noso menú ideal con aquelas cousas que nos fan felices. Fixemos un mural onde explicamos o resto o significado dos nosos debuxos e do noso menú da felicidade.

 

 

A árbore das emocións, do benestar e das cualidades

@S nen@s de 4º EI plasmaron nunha árbore as cualidades de cada un d@s nen@s elexidas entre tod@s en consenso

 

O tipi a nosa tranquilidade

No recanto do tipi @s nen@s cando o preciasan acuden alí a relaxarse e ver as fotos das súas familias se as botan de menos

 

 

O bote da amabilidade

Desenvolver a amabilidade, o pensamento positivo ou a empatía son cualidades fundamentais para unha boa convivencia. 

Para isto creamos o bote da amabilidade que temos nun lugar visible da aula para poder usalo cando sexa preciso. Dar unha aperta, axudar a alguén, facer un debuxo e regalalo...axudaranos a desenvolver cualidades sociais e a medrar emocionalmente.

 

 

 

 

Recreando emocións en 6º EI Domirón

               

 

                                               

ÁRBORE DA AUTOESTIMA- 5º EDUC. INFANTIL

Neste trimestre traballamos a autoestima coa actividade: " A nosa árbore da autoestima":

Partimos das nosas fortalezas e habilidades, favorecendo un autoconcepto máis axeitado á realidade e favorecendo a autoestima positiva. Ademais a felicidade alcánzase mediante a axuda aos demais e o desenvolvemento das nosas capacidades, aportándoas ó noso grupo.

Comezamos facendo unha chuvia de ideas das habilidades ou fortalezas, cousas positivas que temos, ex: imaxinación, ser agarimos@, divertid@... e outras que sabemos facer para compartir c@s nosos compañeir@. ex: axudar, xogar, compartir, cantar, pintar...

Coas aportacións facemos tarxetas con pictogramas, para facilitar a actividade ós pequen@s..

          n

E cada día na asamblea, facemos a árbore do encargado:

entre tod@s decimos as súas cualidades e o encargado pensa as súas habilidades

                     

Despois escribe e pega na súa árbore .

    

 

MOCHILA INVISIBLE

 

Neste trimestre traballamos unha historia do conto “De mayor quier ser…feliz”,

 

(Anna Morató García), titulada “la mochila invisible”.

 

Conta que tod@s temos unha mochila invisible, na que podemos meter dúas cousas:

  •  Palabras ou accións bonitas: pompas de xabón (suaves, non pesan) 
  • Palabras ou accións feas: pedras. (fan daño e pesan moito)

 Proceso do traballo na aula:

 

1.- Contamos o conto

 

 

2.- Metemos pedras nunha mochila e noutra globos.

 

 

 

3.- Vemos cal pesa máis.

 

 

4.- Entre tod@s pensamos palabras que son pedras  e outras que son pompas.

 

 

5.- Facemos carteis e clasificamos as palabras.

 

                       

 

 

 

6.- Facemos a nosa mochila.

 

7.- Recortamos e pegamos as palabras según a clasificación.

 

 

7.- Decoramos pedras.

                  

 

E este é o resultado final

 

 

 

 

NÓS QUEREMOS POMPAS!!!

 

Distribuir contido