Infantil, Aniversarios, Proxectos e Actividades, Conmemoracións, Contacontos, Saidas

XOGOS EN FAMILIA

Na clase de 4º de EI viñeron a xogar Marta, a nai de Mai, Ángel, o pai de Martín e Jéssica, a nai de Martina. Con eles tres disfrutaron xogando ao dominó de animais, os monos locos e os poliños no galiñero. Foi un tempo fantástico na que os nenos/as e familias pasárono xenial.

A LECTO-ESCRITURA CON DIVERSOS TIPOS DE MATERIAIS

Para favorecer a iniciación, o progreso e afianzamento da lectoescritura os/as nenos/as traballan a través de distintas actividades e con materiais moi diversos para que dunha forma lúdica aprendan e disfruten.

Aquí podedes ver distinas actividades dos tres niveis de educación infantil.

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: A MIÑA SAÚDE, O MEU DEREITO

Os nenos e nenas de educación infantil de escola do Val para conmemorar o día mundial da saúde recrearon algúns dos elementos  do lema deste ano 2024 , centrado na defensa dos dereitos de todas as persoas, onde sexa que se atopen , teñan acceso os sistemas de saúde, a educación , a información de calidade, a auga potable, aire limpo, boa alimentación, vivenda de calidade...

7 DE ABRIL DÍA MUNDIAL DA SAÚDE: OBRADOIRO DE XOGOS SIMBÓLICOS SOBRE A SAÚDE

Os nenos e nenas de educación infantil pasaron unha xornada xenial xogando a distintas activiades simbólicas sobre a saúde.

ANIVERSARIOS MARZO

NO MES DE MARZO CUMPRIRON ANOS: LIAM, SARAYMA E PABLO.

PARABÉNS PARA OS TRES E MOITOS BIQUIÑOS DOS COMPIS E DAS MESTRAS!

LIAM: 4 ANOS

 

SARAYMA: 5 ANOS

PABLO: 6 ANOS

 

ANIVERSARIOS FEBREIRO

No mes de febreiro celebramos os aniversarios de Daniela, Sara N. e Ibrahim en 5º de EI, e Claudia en 6º de EI. Parabens!!!!!

XOGOS EN FAMILIA IV

Os nenos e nenas de 6º de EI da Escola do Val gozaron de outra xornada de xogos en familia grazas a Noelia, a mamá de Claudia,  e a David e Raquel, o pai e nai de Candela. Pasárono en grande cos distintos xogos de mesa: 2 xogos de Carapuchiña vermella ( "Little red riding hood"  e "Caperucita Roja" ) e Let`s go fishin.

Distribuir contido