Skip to Content

HORTA ESCOLAR E COMPOSTAXE no curso 2023-2024

 HORTA ESCOLAR E COMPOSTAXE no curso 2023-2024

Continuamos avanzando e ampliando a nosa horta escolar e o noso programa de compostaxe, que xa forman parte da vida escolar e desenvólvense sendo todo un exemplo de traballo en equipo por parte do alumnado da ESO, Primaria e Infantil, do profesorado, persoal de cociña e conserxería e conseguindo puntualmente a participación das familias, Concello e establecementos comerciais da zona.

Desenvolvemos o CPinnova e dentro do PFPP un curso e un grupo de traballo sobre o tema

Agradecemos a colaboración ás seguintes entidades e persoas:

  • Cruz Piñón, Carmen Couce e Carmen Bouza de “teño unha horta en San Sadurniño”

  • Ás persoas relatoras nas actividades de formación: Emilio R. Fabal, Ángel Lorenzo e Xan Pouliquen

  • Concello de San Sadurniño

  • Dzine

  • Atrium

  • Café del Palacio

  • Familias que colaboraron con achegas de sementes para o horta

  • Misión biolóxica de Galicia-CSIC, que nos facilitou sementes autóctonas

 

Xuntamos un resumo en imaxes:

Curso de estruturas para a compostaxe:

https://drive.google.com/file/d/1y5GknvaYlb6cjBF8Rk_XC_c5q_KdwgL0/view?usp=sharing

Compostaxe e horta escolar:

https://drive.google.com/file/d/1byA0aywZuygTXJzc3mAdoBxxOtyzYEuw/view?usp=sharing

 

 

ESTAMOS DE CELEBRACIÓN: 50 Aniversario do CPI de San Sadurniño

50 Anos de Escola Pública…

50 Anos de Ensinanza…

50 Anos de Aprendizaxes…

50 Anos sendo unha Comunidade Educativa…

 

Unha escola que foi evolucionando e cambiando cos tempos, adaptándose, innovando, creando e formando diferentes xeneracións, como non podía ser doutro xeito.

O sábado 8 de xuño de 2024 foi un día especial no que familias, alumnado, docentes e persoal non docente compartimos momentos celebrando os 50 Anos do CPI de San Sadurniño. Unha celebración que foi posible grazas a TOD@S os que asistimos, un evento cheo de emocións e amenizado coa música do grupo “3D Band” e o DJ “Sebas”, que contou coa colaboración da comisión organizadora do CPI, profesorado implicado, ANPA e Concello.

Destacar e agradecer, entre outros, a presenza da primeira conserxe  que inauguró o noso cole aló polo 1974, Marina que anos despois lle pasou o testigo ao noso actual conserxe Juanjo.

                                                  GRAZAS por este día!!!

          Clica no ENLACE e escoita.                              Clica na imaxe e desfruta.

 

I Xornada ABX no CPI de San Sadurniño

O pasado 28 de maio foi o Día Internacional do Xogo e dende o cole o alumnado de EI e EP quixemos festexalo levando a cabo a 1ª edición das Xornadas de Aprendizaxe Baseado no Xogo (ABX). Foi un día no que o alumnado de diferentes idades colaborou e xogou unido, amosándonos a todos e todas os grandes beneficios de aprender xogando.

Clica no cartel e desfruta connosco.

CONVOCATORIA PARA A PARTICIPACIÓN NO FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTOS E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2024/25

A Orde do 7 de maio de 2024 convoca estas axudas destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial para o curso 2024/25 (código de procedemento ED330B) ( Diario Oficial de Galicia do 20.05.2024).

O alumnado dos cursos incluídos en E-DIXGAL (ESO, 5º e 6º de EP) queda excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e nas axudas para adquirir libros de texto, non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar.

Prazo de presentación das solicitudes: do 21 de maio ao 21 de xuño de 2024, ambos inclusive.

As solicitudes presentaranse preferiblemente dende a SEDE electrónica: https://sede.xunta.gal/detalleprocedementocodtram=ED330B&ano=2023&numpub=1&lang=es

Tamén poden presentarse de maneira presencial no centro. Neste caso as familias que teñan máis dun fillo poderán presentar unha única solicitude.

Podedes descargar a solicitude clicando neste enlace:

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/231121791

 

Conmemoramos o día das Letras Galegas 2024.

 

A través da curtametraxe "Arpexio da Luz" realizado polo alumnado de 4° ESO coa colaboración do EDLG, do profesorado e alumnado de Infantil, Primaria e Secundaria achegámonos ao mundo poético de Luísa Villalta, a homenaxeada deste ano 2024.

Clica na imaxe para ver a curtametraxe.

 

Triste Nova

Estimada comunidade educativa: sentimos comunicar o falecemento de A.C.B. compañeiro do noso alumnado no equipo de  volei Club Aldebarán.

Dende o departamento de Orientación e o Equipo Directivo, ante esta triste nova, acompañaremos ao nosoalumnado e a toda a comunidade educativa no proceso desta dó.

Solicitamos a vosa colaboración neste proceso tendo en conta as seguintes recomendacións:

- Respectar a dor da familia tratando a información de xeito coidadoso.

- Respectar e acompañarnos nas diferentes fases do dó.

Dende o centro educativo estamos a traballar para atender as necesidades dos vosos fillos e fillas.

Como ven sendo habitual estamos á vosa disposición. Un cordial saúdo

O Equipo Directivo

Visita ao IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo

O alumnado de 2º de ESO da materia de Relixión católica, que participan desde o ano pasado no Proxecto Redeiras, visitaron onte aos compañeiros/as do IES Nosa Señora dos Ollos Grandes de Lugo.
Fomos recibidos na entrada do instituto, ensináronnos o centro e a continuación no salón de actos nos amosaron unha presentación da cidade de Lugo feita por eles. Despois nos fixeron unha visita guiada por eles mesmos onde nos explicaron diferentes edificios e lugares destacados de Lugo. Despois visitamos a catedral e demos un paseo por un tramo da muralla.
Queremos agradecer, en especial a Aurelia e ao seu alumnado todas estas actividades preparadas para nós. Grazas pola súa acollida e o agarimo amosado connosco.
Picha aquí para ver as fotos da visita.

CRTVG, Camiño, museos e tellados da Catedral de Santiago

O alumnado de 4º ESO visitou a televisión e a radio galega participando en directo no programa A BÓLA EXTRA.  Logo fixeron o Camiño dende a CRTVG (en San Marcos) ata a Catedral e pola tarde a visitaron desfrutando do seu interior.

No seguinte enlace accederedes a toda a información, videos e fotos: 

https://tecnosansa.blogspot.com/2024/05/crtvg-camino-museos-e-tellados-da.html

 

DÍA DO LIBRO 2024

O 23 de abril tivemos unha xornada especial cos libros, celebramos o DÍA DO LIBRO cos apadriñamentos en Educación Infantil e Primaria e co círculo lector na ESO. Un ano mais maiores e pequenos desfrutamos da lectura xuntos e dun xeito diferente a como o facemos día a día. Clica aquí e verás algunha imaxe.

BECAS PARA ALUMNANDO NEAE. CURSO 2024-2025

Aberto o prazo pasa solicitar as BECAS E AXUDAS para o alumnado con NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO (NEAE) para o curso 2024-2025.

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

O prazo de presentación de solicitudes é do 30 de abril ao 13 de setembro de 2024.

Para calquera dúbida, poden contactar co Departamento de Orientación.

Distribuir contido


by Dr. Radut