Skip to Content

Celebracións do Nadal e o Día da Paz

Deixámosvos a continuación uns vídeos sobre as actividades e celebracións levadas a cabo no CPI con motivo do Nadal e o Día Escolar da Non Violencia e da Paz. Pinchade nas imaxes para non perder detalle!

Implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá

Implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá

  • Regulada pola ORDE do 29 de maio de 2008 pola que se establece o procedemento para a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ou mixta nas escolas de educación infantil e primaria, colexios rurais agrupados, centros públicos integrados, centros de educación especil e centros privados concertados.
  • Para poder implantala, deben cumprirse os seguintes requisitos:
    1. Acordo do consello escolar, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
    2. Acordo do claustro, por maioría dos 3/5 dos seus membros.
    3. Informe favorable do Servizo de Transporte.
    4. Acordo favorable do 58% do censo das familias. (Para os efectos de establecer o total do censo computarase a nai ou pai ou un dos titores legais do alumnado da etapa en que se pretende cambiar a xornada).
    5. Plan específico de actividades extraescolares 
  • Pasos a seguir para a súa implantación:
    1. Información sobre o plan específico de actividades extraescolares cun mes de antelación ás votacións do sector das familias.
    2. Posteriormente, votación do claustro e o consello, en sesións extraordinarias.
    3. No caso de que as votacións de claustro e consello sexan favorables, solicitude de informe favorable ao Servizo de Transporte
    4. No caso de que o informe sexa favorable, realizarase a votación das familias.
    5. Informe favorable de Inspección Educativa.
    6. Envío da solicitude á Consellería. 
  • Unha vez realizadas as votacións do Claustro de Profesorado e do Consello Escolar do CPI de San Sadurniño, e sendo estas favorables, solicitamos a implantación da xornada lectiva en sesión única de mañá ao Servizo de Transporte. 
  • No caso de que este informe sexa favorable, procederase á votación por parte das familias do alumnado.

Destacamos a importancia da asistencia das nais, pais ou titores e titoras legais á votación no caso de que esta poida levarse a cabo, e solicitamos a vosa colaboración. Moitas grazas de antemán.

Plan de actividades extraescolares

Excursión á Coruña do alumnado de 1º da ESO

Visita ao porto interior de A Coruña e ao museo arqueolóxico Castelo de San Antón.

O departamento de Tecnoloxía organizou esta visita guiada para o alumnado de 1º E.S.O.

No porto visitaron as distintas instalacións da lonxa, aprenderon como é a captura, transporte e subasta do peixe, viron os diferentes almacéns de materias primas (millo, madeira, carbón, minerais para facer a fibra óptica, perfís de ferro para facer o formigón armado...) e unha gran encofradora (detrás de nós na foto, a que pon SATO) para facer os caixóns de formigón armado que forman os diques.


Admisión de alumnado - Reserva de praza nun centro adscrito

  • Desde o 16 de xaneiro ata o 6 de febreiro do 2023, ambos os dous incluídos, estará aberto o prazo de solicitude de reserva de praza en centros de adscrición para alumnado que cambia de etapa.
  • Tanto a presentación de solicitudes como a consulta das listaxes de admitidos, que se publicarán antes do 28 de febreiro, deberán realizarse no centro no que está matriculado o alumnado no presente curso ou a través da aplicación admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/).
  • Recordamos que no caso do CPI de San Sadurniño, os centros adscritos son os seguintes: CEIP de San Ramón (Moeche) e IES Fernando Esquío (Neda).

 Anexo de reserva de praza

Feliz 2023

Cos mellores desexos para o 2023

*Postal realizada por Inés López, de 2º ESO:

 

*Escolma do concurso de postais de Nadal 2022 organizado polo Equipo de dinamización da Lingua Galega:

https://drive.google.com/file/d/1OsK0P4DZV5GwZMV4yA7QHve9-fcwrD9y/view?usp=sharing

 

Por un novo ano cheo de vitalidade para a nosa lingua!

 

Donación de alimentos á Cociña Económica de Ferrol

Grazas á gran participación de alumnado e profesorado na operación Quilo, o CPI de San Sadurniño colaborou un ano máis coa Cociña Económica de Ferrol na campaña de Nadal de recollida de alimentos. 

  “Cun pequeno xesto de cada un, podemos cambiar a difícil realidade doutros”

Operación Quilo de Nadal 2022

Operación Quilo de Nadal 2022

Como anos anteriores, no CPI de San Sadurniño levaremos a cabo a Operación Quilo de Nadal,campaña de recollida de alimentos destinada a colaborar coa Cociña Económica de Ferrol e con Cáritas Parroquial de San Sadurniño, que terá lugar entre os días 1 e 16 de decembro. Consiste en colaborar traendo un quilo de comida ou mais para axudar á xente que máis o necesita. Para non xuntarnos cos mesmos produtos repartimos por cursos o que poden traer, e sería do seguinte xeito:

  • Infantil: Pasta, legumes, fariña.
  • 1º e 2º Primaria: Cacao, café soluble, azucre.
  • 3º e 4º Primaria: Galletas, cereais, pan raiado.
  • 5º e 6º Primaria: Conservas (peixe, vexetal, froitas), leite, fariña.
  • 1º e 2º ESO: Aceite, vinagre, leite, cereais.
  • 3º ESO: Leite, pan raiado, galletas
  • 4º ESO: Aceite, vinagre, conservas.
  • Profes: Auga (botellín de 330 ml), zumes sin azucre (200 ml), aceite, vinagre, viño branco para cociñar

                                                                                                          

Os produtos depositaránse na entrada dos edificios de Primaria e de Secundaria.

Pedímosvos desde aquí a vosa contribución; estamos ante unha ocasión de achegar o noso gran de area de axuda a aqueles que teñen dificultades para comer cada día.

Esperando a vosa colaboración, recibide un cordial saúdo

 

      “Cun pequeno xesto de cada un, podemos cambiar a difícil realidade doutros”

25 N: Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

O pasado 25 de novembro celebrouse o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Desde o CPI de San Sadurniño quixemos contribuír á conmemoración desta data, e fixémolo de diferentes formas: realización de poemas e manifestos, elaboración de carteis, creación de retos para descubrir a orixe deste día... Pinchade na imaxe para ver as actividades realizadas!

Votacións ao Consello Escolar

O vindeiro martes 29 de novembro terán lugar as votacións de todos os sectores ao Consello Escolar. O horario para as devanditas votacións no CPI de San Sadurniño é o seguinte:

- Sector do alumnado: de 12 a 12:25 horas.

- Sector do profesorado: de 17:30 a 18:15 horas.

- Sector de nais/pais e titores/as legais: de 10:15 a 11:45 e de 16:00 a 17:00 horas.

 

A continuación, achegamos información de interese para o proceso de elección de candidatos/as do sector de nais, pais e titores/as legais:

  • Poden votar todos os pais, nais e titores/as legais que figuren no censo do centro.
  • Os candidatos/as deste sector son os seguintes:

              - Castrodá Vázquez, Manuel Cristopher

              - Díaz Durán, Ana

              - Vega Pérez, Noelia

  • Para emitir o voto elixirase, como máximo, un candidato/a; polo tanto, na papeleta só se pode marcar un nome.
  • Para a votación é obrigatorio identificarse co DNI.
  • O lugar para a votación é a entrada do edificio de secundaria.

Agardamos a vosa participación.

Candidaturas ao Consello Escolar

No taboleiro da entrada do edificio de Secundaria atópanse publicadas as candidaturas ao Consello Escolar do profesorado, alumnado, persoal de administración e servizos e pais/nais e titores/as legais. Os días 21.11.22 e 22.11.22. estará aberto o prazo de reclamación á proclamación das candidaturas.

Distribuir contido


by Dr. Radut