1. PREVISIÓN DE VACANTES
2. PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN (do 1 ao 20 de Marzo 2024)
- As solicitudes (ED550B-anexo II e a comprobación dos membros da unidade familiar no anexo II bis) presentaranse preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado) , a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
- Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente na secretaría do centro docente indicado en primeiro lugar ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, Lei 39/2015 do 1 de outubro.
- Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- Fotocopia cotexada, ou fotocopia e orixinal, do libro de familia.
3. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR EN CASO DE BAREMACIÓN (clica no adxunto ao final da entrada)
4. LISTAXE PROVISIONAL (25 de Abril 2024)
Ante as listaxes publicadas poderá presentarse reclamación no prazo de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da súa publicación. (do 26 abril ao 02 de maio 2024).
5. LISTAXE DEFINITIVA (15 de Maio 2024)
6. FORMALIZACIÓN MATRÍCULA (Finais Xuño/Principios Xullo 2024, pendente confirmar datas)